Os mellores xogos en galego. Diversión asegurada coa nosa lingua

Os mellores xogos en galego. Diversión asegurada coa nosa lingua

Os xogos de mesa son unha excelente forma de pasar o tempo en compañía, aprender novas habilidades e divertirse. Se a todo isto lle sumamos a posibilidade de xogar en galego, o pracer é dobre. Neste artigo, vas descubrir algúns dos mellores xogos en galego.

Xogos online en galego

Palabras e léxico

O xogo do tabú en galego

O xogo do tabú é un xogo en liña para adiviñar palabras. Unha persoa dá pistas sobre unha palabra oculta, mais sen poder usar as palabras prohibidas que aparecen na pantalla. Un xogo axeitado para xogar en grupo e que pon a proba a creatividade e o vocabulario en galego.

Xogar aquí!

Encrucillados en galego

Se che gustan os retos de palabras, os encrucillados son para ti. Trátase de resolver definicións e completar o taboleiro practicando vocabulario galego dun xeito entretido e estimulante.

Xogar aquí!

Sopas de letras en galego

As sopas de letras son un clásico que nunca falla. Son perfectas para ampliar vocabulario, mellorar a atención e reforzar a memoria.

Cada sopa de letras está adaptada para distintos niveis, polo que tanto se estás a estudar galego como se queres repasar, sempre terás un reto á túa medida.

Xogar aquí!

Enforcados en galego

O xogo do enforcado é ideal para practicar a ortografía. Tes que adiviñar a palabra agochada antes de esgotar as vidas.

Ademais, cada partida permíteche descubrir vocabulario temático: animais, deportes, plantas, tradicións e moito máis. Un método perfecto para aprender sen te decatares.

Xogar aquí!

Pensatermos

A Mesa pola Normalización Lingüística lanzou Pensatermos, un xogo ameno e gratuíto para entreterse a calquera hora do día e que consiste en formar palabras a través de sete letras, sendo unha delas de uso obrigatorio.

Wordle galego

Wordle Galego é un xogo en liña de adiviñanza de palabras onde os xogadores teñen que descubrir unha palabra oculta de cinco letras nun máximo de seis intentos. O obxectivo é atopar a palabra correcta usando a lóxica e as pistas proporcionadas por cada intento. Hai dúas versións do Wordle, a primeira é máis doada porque na segunda versión as palabras poden levar acento.

Xogos de xeolocalización

Logaliza



O xogo Logaliza é similar a Worldle, mais nesta ocasión amosa imaxes representativas de comarcas galegas. Os xogadores teñen catro intentos con pistas sobre a distancia e dirección para adiviñar o lugar.

GaliGuessr

Galiguessr é un quiz interactivo de xeografía de Galicia en que tes que adiviñar distintas localizacións. O obxectivo é marcar no mapa o punto que cres correcto e gañar puntos segundo a proximidade á localización real. Podes escoller entre diferentes modos de xogo, como comarcas, concellos, vilas e cidades, ríos, natureza ou 100 % azar. É unha ferramenta perfecta para explorar Galicia, aprender xeografía e divertirse.

Aplicacións para o móbil

Ximnasio Léxico

A RAG creou unha innovadora aplicación de xogos lingüísticos baseada no seu propio Dicionario, dispoñible para dispositivos móbiles en Android e iOS chamada Ximnasio Léxico.

Esta aplicación ofrece dúas modalidades principais: adestrar e competir. Unha vez que as persoas xogadoras se senten preparadas, poden pasar á competición, que está estruturada en tres niveis de dificultade (inicial, medio e superior), o que garante un reto adecuado para cada nivel de coñecemento da lingua galega.

Xogos de mesa en galego

Pido Papas



Pido Papas é unha web que ofrece pasatempos en galego, como sopas de letras e escape rooms para imprimir, dirixidos a todas as idades.

Vacaloura

Vacaloura é un xogo de mesa para aprender, practicar e mellorar coñecementos sobre lingua galega. Serve tanto para galegofalantes como neofalantes.

O xogo do picapau

O xogo do picapau é un xogo de mesa para poñen a proba os coñecementos sobre Galicia e sobre cultura xeral. Estas preguntas estrutúranse en catro bloques ou áreas temáticas: lingua e literatura; ciencias, xeografía e recursos; historia, cultura, persoeiros e tradicións; e cultura xeral. As tres primeiras categorías están centradas especificamente en Galicia.

O xogo complétase con xogos-desafío que poñen a proba diferentes habilidades das persoas participantes, como o debuxo ou a mímica.

Ti non es de aquí?

Ti non es de aquí? ten un formato parecido ao Trivial para poñer a proba os coñecementos sobre 5 áreas temáticas sobre Galicia (xeografía, lingua, literatura, historia, deporte…).

Baralla Galega

A Baralla Galega é un xogo de cartas que versiona os catro paos da baralla tradicional coa vieira, a cunca de viño, o fouciño e o pemento de Padrón como os catro elementos representativos da nosa cultura popular.

Cordadas

Cordadas é un xogo creado por Muki no cal poden participar de 2 a 6 xogadores e aínda que a temática sexa a escalada e o alpinismo, calquera pode xogar xa que se basea nun código de cores. 

MemoFEM

MemoFem é un xogo de memoria feito por Avezar. Consta de 32 fichas correspondentes a 16 científicas e inventoras salientables e un póster cunha breve biografía sobre cada unha delas.

O gatipedro

O Gatipedro é un xogo de axilidade mental onde os xogadores deben desfacerse das cartas o máis rápido posible. As cartas están baseadas en lendas de oito seres mitolóxicos galegos e deben ser colocadas de acordo coas súas historias.

Videoxogos en galego

Xogalego

Xogalego é un catálogo que recompila todos os videoxogos dispoñibles en galego. Cada ficha inclúe información detallada: plataformas onde está dispoñible, xénero, ligazóns de descarga…

Que podes ler aquí?
Para aprender máis
2
8/01/2025
28/02/2025
O audiovisual en galego segue gañando terreo grazas a iniciativas e plataformas que apostan pola nosa lingua. Se che gusta gozar do cine e das series sen ...
51
5/04/2023
8/03/2026
Nos anos 20 do século pasado, produciuse a primeira adaptación cinematográfica dun texto pertencente á literatura galega. Un poema de Manuel Curros Enríquez, A Virxe de Cristal, ...
As mellores páxinas web para descargar de balde libros en galego
22/02/2023
25/02/2025
Ensinámosche as mellores páxinas web para descargar nos formatos máis populares e que así poidas mergulláreste na literatura galega, e tamén na portuguesa, desde onde ti queiras.
Últimos artigos publicados
Rosco pasapalabra Begoña Caamaño Letras Galegas
13/05/2026
13/05/2026
O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas e este ano a figura homenaxeada é Begoña Caamaño, xornalista, escritora e activista que deixou unha pegada ...
Begoña Caamaño libros para coñecer a autora das Letras Galegas 2026
11/05/2026
11/05/2026
Begoña Caamaño é a escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026. Xornalista, activista e autora de obras como Circe ou o pracer do azul e Morgana ...
Como se di poñer en negrita unha palabra Formas de descaque en galego
6/05/2026
7/05/2026
Cando redactas un documento en Word, un correo ou unha publicación e queres destacar unha palabra, probablemente pensas en poñela *en negrita, mais esa expresión non é ...

6 comentarios en “Os mellores xogos en galego. Diversión asegurada coa nosa lingua”

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer