Verbos non reflexivos en galego

En galego hai moitos verbos que, por influencia do castelán, se empregan incorrectamente coa forma pronominal, é dicir, engadímoslles un pronome reflexivo (me, te, se…) que non lles corresponde. Son erros tan frecuentes que a miúdo pasan desapercibidos, mais convén coñecelos para falar e escribir cun galego máis coidado.

En que consiste o erro?

Un verbo reflexivo é aquel en que a acción recae sobre quen a fai (chamarse, coñecerse). O problema xorde cando lle engadimos ese pronome a verbos que non o precisan, simplemente porque en castelán se usa.

Así, en galego é incorrecto dicir:

*Xoán rompeuse unha perna.

E o correcto é:

Xoán rompeu unha perna.

Verbos que non admiten forma pronominal

Estes son algúns dos verbos que en galego non se usan con pronome reflexivo:

abrandar, adormecer, afrouxar, almorzar, apurar, atrasar, baixar, caer, calar, cargar, casar, cicatrizar, coller, comer, curar, deixar, demorar, desfondar, desinchar, dislocar, empachar, enfermar, escapar, escordar, esperar, espertar, estreitar, fracturar, inchar, incrementar, marchar, merendar, morrer, parar, podrecer, quedar, rachar, rebentar, recordar, rir, romper, sentar, sorrir, terminar, tropezar, xogar…

Exemplos de uso

Fíxate en como cambia cada frase:

INCORRECTOCORRECTO
*O meu avó enfermouse o inverno pasado.O meu avó enfermou o inverno pasado.
*Cando se riu, espertouse o bebé.Cando riu, espertou o bebé.
*Quedouse na casa toda a fin de semana. Quedou na casa toda a fin de semana.
*Baixeime da escada e escordeime o xeonllo.Baixei da escada e escordei o xeonllo.

Exercicios

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
Dous dicionarios castelán-galego para non ter dúbidas nunca máis
16/09/2026
20/09/2026
Cantas veces buscaches como se di unha palabra en galego e non deches cunha ferramenta fiable? Pois traio boas novas! Agora temos tres dicionarios castelán-galego en liña, ...
O vocabulario do material escolar en galego
9/09/2026
9/09/2026
Hoxe comezan as aulas en Galicia e, con elas, volven as mochilas ás costas, os cadernos aínda sen estrear e as présas das mañás para non perder ...
apps para aprender galego
3/09/2026
3/09/2026
Non hai mellor forma de aprender unha lingua que usala tamén no lecer. O móbil, que levamos sempre enriba, pode converterse nun aliado para aprender galego mentres ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer