Plataformas para ver películas e series en galego

Plataformas para ver películas e series en galego

O audiovisual en galego segue gañando terreo grazas a iniciativas e plataformas que apostan pola nosa lingua. Se che gusta gozar do cine e das series sen renunciares á lingua, prepara os flocos de millo porque aquí tes unha lista das mellores plataformas para ver películas e series en galego.

Por que consumir audiovisual en galego?

Apostar polo galego nas plataformas non só é unha maneira de reivindicar a nosa cultura, senón tamén de impulsar a súa presenza no mundo audiovisual. Canto máis vexamos en galego, máis demanda xeraremos e, en consecuencia, máis contidos na nosa lingua teremos á nosa disposición.

Listaxe de plataformas para ver películas e series en galego

AGalega

A web da TVG é un punto de referencia imprescindible para quen quere consumir contido audiovisual en galego. Aquí atoparás unha ampla oferta de programas, series e películas para ver á carta.

Pipocas

Pipocas é unha iniciativa promovida pola Mesa pola Normalización Lingüística para recompilar películas e series que están dispoñibles na nosa lingua tanto dobradas como subtituladas. A páxina ofrece unha busca sinxela para achar contido segundo a plataforma, a modalidade e o tipo de contido.

Filmin

Filmin é unha das poucas plataformas comerciais que inclúe contido en galego, tanto dobrado como subtitulado. Aquí podes atopar filmes de autores galegos, clásicos dobrados e documentais. É unha excelente opción para quen busca un catálogo amplo e variado.

VOGAL

Vogal é unha plataforma dixital que promove o cinema galego. Ofrece un catálogo de filmes, documentais e curtametraxes de creación galega, dando visibilidade ao traballo de cineastas e artistas que apostan pola nosa lingua. É un espazo perfecto para descubrir xoias do noso audiovisual.

Agalinhas

Para os máis miúdos e miúdas da casa, a canle de YouTube Agalinhas é unha auténtica gozada. Ofrece contidos educativos e divertidos en galego, perfectos para introducir a cativada no audiovisual na nosa lingua. Os seus vídeos son amenos, cheos de cor e valores positivos, ideais para toda a familia.

Xabarín

O mítico Xabarín Club segue vivo na memoria colectiva de Galicia e tamén na rede. Na páxina oficial de Xabarín podes acceder a unha selección de series e programas que marcaron unha época, dobrados ao galego. É un lugar ideal para quen quere revivir os clásicos ou compartilos coas novas xeracións. Series como Shin Chan ou Os Bolechas están dispoñibles para nostálxicos e novos seguidores.

Dragon Ball en Galego

Todas as persoas que sexan amantes de Dragon Ball teñen aquí un recurso único. Esta páxina recompila os episodios clásicos da serie, dobrados ao galego. Trátase dun proxecto non oficial que busca preservar e difundir unha das series máis icónicas para toda unha xeración en Galicia. Se queres revivir as aventuras de Goku e compañía en galego, este é o teu sitio.

A dobraxe en galego

Esta wiki é unha enciclopedia colaborativa dedicada á dobraxe en galego. É un recurso fundamental para quen desexa coñecer máis sobre as series, películas e programas que foron dobrados á nosa lingua. Aquí atoparás información sobre actores e actrices de dobraxe, proxectos históricos e moito máis.

Películas baseadas en libros galegos

Nos anos 20 do século pasado, produciuse a primeira adaptación cinematográfica dun texto pertencente á literatura galega. Un poema de Manuel Curros Enríquez, A Virxe de Cristal, inspirou por primeira vez unha produción audiovisual, que deu paso a moitas máis. Ao longo dos anos, algunhas das nosas obras máis emblemáticas foron levadas ao cinema, permitindo que estas historias cheguen a un público máis amplo e que os valores culturais, históricos e emocionais que representan adquiran nova vida en pantalla

Neste artigo descubrirás que libros galegos teñen a súa propia película.

Que podes ler aquí?
Para aprender máis
5 libros recomendados para aprender galego
19/02/2025
18/02/2026
Aprender galego ou mellorar a súa calidade lingüística require boas ferramentas e os libros son un recurso imprescindible para afondar no idioma de maneira estruturada e efectiva. ...
51
5/04/2023
8/03/2026
Nos anos 20 do século pasado, produciuse a primeira adaptación cinematográfica dun texto pertencente á literatura galega. Un poema de Manuel Curros Enríquez, A Virxe de Cristal, ...
As mellores páxinas web para descargar de balde libros en galego
22/02/2023
25/02/2025
Ensinámosche as mellores páxinas web para descargar nos formatos máis populares e que así poidas mergulláreste na literatura galega, e tamén na portuguesa, desde onde ti queiras.
Últimos artigos publicados
Aprende os nomes das especias e das herbas aromáticas en galego
27/05/2026
29/05/2026
Pimienta, cilantro, albahaca… Cantas veces usaches a palabra en castelán sen saber cal era a forma galega? O galego ten nomes propios para todas as especias e ...
Como se chaman os dedos da man en galego
20/05/2026
20/05/2026
Estira a man e mira os cinco dedos. Cada un ten o seu nome formal, mais tamén o seu alcume popular, ese que usan as avoas para ...
Rosco pasapalabra Begoña Caamaño Letras Galegas
13/05/2026
13/05/2026
O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas e este ano a figura homenaxeada é Begoña Caamaño, xornalista, escritora e activista que deixou unha pegada ...

1 comentario en “Plataformas para ver películas e series en galego”

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer