Refráns de xaneiro. Sabedoría popular para comezar o ano

Xaneiro é un mes de frío, xeadas e predicións sobre o tempo que marcará o resto do ano. Non é de estrañar que a tradición galega estea chea de refráns sobre este mes, moitos deles relacionados co clima, a agricultura e mesmo a gastronomía. A seguir, deixámosche unha selección dos mellores refráns de xaneiro.

Refráns de xaneiro

Refráns sobre a predición do tempo

  • Auga de xaneiro, cada pinga vale diñeiro.
  • Auga en febreiro, mellor que en xaneiro.
  • En xaneiro, abrígate con dúas capas e un sombreiro.
  • En xaneiro, xéase a auga no caldeiro.
  • Entre xaneiro e febreiro, inverno verdadeiro.
  • No mes de xaneiro súbete ao outeiro; se ves terrexar bótate a cantar e se ves verdexar, bótate a chorar.
  • O sol de xaneiro non ten compañeiro.
  • Xaneiro xeado e abril mollado enchen o faiado.

Refráns sobre a agricultura

  • As patacas de xaneiro van na cesta e veñen no sombreiro.
  • Cando non chove en xaneiro, non hai bo prado nin bo lameiro.
  • Cantos días pasen de xaneiro, tantos allos perde o alleiro.
  • En xaneiro, pon o alleiro.
  • Moita chuvia en xaneiro, mala anada no cabaceiro.
  • Poda en xaneiro, vindima no sombreiro.
  • Quen colle a aceitona antes de xaneiro, deixa o aceite no oliveiro.
  • Se queres ter bo alleiro, pon o allo no xaneiro.
  • Se trona en xaneiro, sube as cubas ao fumeiro.
  • Seco xaneiro, abundancia no graneiro.
  • Todos os días que pasan de xaneiro son allos que perde de dar o alleiro.
  • Xaneiro muliñeiro, nin boa meda nin bo palleiro.
  • Xaneiro, xeadeiro; febreiro, grileiro.

Refráns sobre o traballo

  • En xaneiro, a vella saca as madeixas ao turreiro.
  • En xaneiro bota o obreiro, antes na sebe ca na parede, non polo día senón pola pedra que está fría.
  • No menguante de xaneiro corta o teu madeiro.
  • O madeiro para a túa casa, córtao no xaneiro.
  • O que en xaneiro non cava os terróns, en agosto queima os collóns.
  • Obreiro en xaneiro, pan che comerá e obra non fará.
  • Para a túa casa, o madeiro cortado sempre no xaneiro.
  • Se en xaneiro tose o neno, non teñas medo; se tose no mes da sega, pode ir para a terra.
  • Quen labra no xaneiro labra para o ano enteiro.

Refráns sobre animais

  • A galiña nada no xaneiro pon o ovo no colmeiro.
  • A pescada en xaneiro vale por carneiro.
  • A raia pescada en xaneiro sabe a carneiro.
  • Coa lúa de xaneiro, vese a formiga no carreiro.
  • En xaneiro, a lebre co cu no lameiro.
  • En xaneiro busca a lebre co cu no bulleiro.
  • En xaneiro, nin galgo leboreiro nin falcón perdigueiro.
  • En xaneiro, sete lobos no carreiro.
  • En xaneiro xa a abella pon os pés no salgueiro.
  • O año de xaneiro é o mellor carneiro.
  • O pito de xaneiro, coa súa nai sobe ao poleiro.
  • Os pitos de xanerio, pouquiños van ao poleiro.
  • Porco de xaneiro vai ca súa nai ao fumeiro.
  • Un bo día de xaneiro é un lobo no quinteiro.
  • Xaneiro añeiro e febreiro cabriteiro.

Refráns sobre relacións persoais

  • En xaneiro, namoreime, en febreiro, caseime e amoleime.
  • Lúa, a de xaneiro; amor, o primeiro.
  • Lúa, a de xaneiro; e cariño, o primeiro.
  • Lúa de xaneiro non ten aparceiro.
  • Non hai lúa como a de xaneiro nin amor como o primeiro.
  • O que sexa meu amigo verdadeiro, véñame ver o vinte de xaneiro.
  • Os amores de xaneiro son os que enfrían primeiro.

Refráns sobre santos

  • Dazasete de xaneiro, santo Antonio verdadeiro; día trece de san Xoán, santo Antonio mentirán.
  • Dazasete de xaneiro, santo Antón lacoeiro.
  • Día de santa Inés chuvia unha soa vez.
  • O día de san Sebastián ceiba as moscas Satanás.
  • Polo santo Amaro andan os trompos polo tellado.
  • Polo santo Antón, xa a galiña pon.
  • Polo san Sebastián medra o día o paso dun can.
  • Polo san Vicente perde o inverno un dente.
  • Polo san Vicente toda a auga é semente.
  • Por santo Antón, trompos ao caixón.
  • Por san Vicente da Roda medra o día unha hora.
  • Por san Vicente pon os nabos da semente.
  • Por san Vicente, unha hora de crecente.

Se coñeces algún refrán máis sobre xaneiro, cóntanolo nos comentarios!

Que podes ler aquí?
Para aprender máis
refráns de abril
7/04/2025
3/04/2025
Abril é un mes de contrastes: chove, sae o sol, arrefría, logo quenta… e mentres o tempo cambia de humor, a tradición popular lévanos acompañando séculos cun ...
Os refráns de marzo
10/03/2025
9/03/2025
O mes de marzo é un tempo de cambios: o inverno vai rematando e a primavera asoma. Na cultura popular galega, este mes está cheo de refráns ...
Refráns de febreiro en galego sabedoría popular para o mes máis curto
3/02/2025
3/02/2026
Neste artigo imos descubrir algúns dos ditos máis populares relacionados co mes de febreiro.
Últimos artigos publicados
o vocabulario da eclipse
5/08/2026
5/08/2026
O 12 de agosto de 2026 os ollos de toda Galicia estarán postos no ceo debido á eclipse total de Sol, un fenómeno que non se vía ...
Dis orquesta Pois estás a dicilo mal
29/07/2026
4/08/2026
Chega o verán e con el as festas, as verbenas e as noites de troula. Mais hai algunhas palabras moi típicas destas datas que non se adoitan ...
Os mellores xogos en galego para levar á praia
22/07/2026
22/07/2026
A toalla, o protector solar e un xogo en galego! Este verán, ademais de descansar, tamén podes xogar e divertirte na nosa lingua mentres pasas o día ...

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer