Refráns de febreiro en galego: sabedoría popular para o mes máis curto

A cultura popular galega, rica en tradicións e observacións sobre o ciclo da natureza, reflicte todo isto nos seus refráns. Neste artigo imos descubrir algúns dos ditos máis populares relacionados co mes de febreiro.

Refráns de febreiro en galego

Refráns sobre a predición do tempo

  • Cando a Candeloria chora, a metade do inverno está fora; se chora ou ri, a metade do inverno está por vir, e se chora ou fai vento, aínda o inverno está dentro.
  • Cando febreiro non febreirea, marzo marcea.
  • En febreiro sete capas e un sombreiro.
  • Febreiro quente, trae o demo no ventre.

Refráns sobre a agricultura

  • A chuvia de febreiro fai o palleiro.
  • Auga de febreiro enche o cabaceiro.
  • Auga de febreiro, enche o graneiro.
  • Auga de febreiro fai o palleiro.

Refráns sobre animais

  • A xeada de febreiro mata a vaca e mailo leiro.
  • Pola Candelaria casan os paxariños e vaise a galiñola.
  • Se queres ter abellas mira por elas nas Candeas e se queres ter mel míraas polo san Miguel.

Refráns sobre santos

  • De san Tomé a san Matías poden as noites cos días.
  • De santo Tomé a san Matías máis poden as tebras cos días.
  • De santo Tomé a san Matías son máis longas as noites cos días.
  • Polo San Brais, dúas horas máis.
  • Polo San Matías, comenzan as enxertías.
  • Polo San Matías igualan as noites ós días.
  • Polo San Matías, marzo en cinco días.

Se coñeces algún outro refrán máis sobre febreiro, déixanolo nos comentarios!

Que podes ler aquí?
Para aprender máis
Os refráns de marzo
10/03/2025
9/03/2025
O mes de marzo é un tempo de cambios: o inverno vai rematando e a primavera asoma. Na cultura popular galega, este mes está cheo de refráns ...
refráns xaneiro
5/01/2025
24/11/2025
Xaneiro é un mes de frío, xeadas e predicións sobre o tempo que marcará o resto do ano. A seguir, deixámosche unha selección dos mellores refráns de ...
29
2/10/2024
18/02/2026
A choiva é unha das grandes protagonistas do noso clima e, como non podía ser doutro xeito, a lingua galega ten unha riqueza léxica inmensa para describila. ...
Últimos artigos publicados
O nome das cores en galego
8/04/2026
8/04/2026
As cores están por todas partes: na fala cotiá, na roupa, nas paisaxes, na publicidade, na literatura. Saber nomealas ben en galego é unha peza básica para ...
Como se di “pelirrojo” en galego
6/04/2026
6/04/2026
En galego, as cores do cabelo non sempre coinciden co castelán. Palabras como rubio poden significar cousas distintas e iso fai que moita xente cometa erros ao ...
Palabras galegas para falar das redes sociais (sen ter que usar o inglés)
30/03/2026
30/03/2026
Scroll, like, post, hashtag, link… Se falas así, non es a única persoa. Pero tampouco estás falando galego de todo. O curioso é que temos palabras propias ...

1 comentario en “Refráns de febreiro en galego: sabedoría popular para o mes máis curto”

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer