100 palabras para definir a choiva en galego

A choiva é unha das grandes protagonistas do noso clima e, como non podía ser doutro xeito, a lingua galega ten unha riqueza léxica inmensa para describila. Desde as pingas finas que apenas mollan ata os temporais máis intensos, existen arredor de cen palabras e expresións para referirse a este fenómeno tan noso.

Neste artigo, vas descubrir as múltiples formas de chamarlle á choiva. Prepara o paraugas e mergúllate nesta viaxe pola linguaxe da chuvia.

Chuvia miúda

babuña, babuxa, barbaña, barbuña, barbuza, barrallo, barrufa, barruñeira, barruzo, breca, chuvisca, froallo, lapiñeira, mexadeira, mocalleira, morriña, morriñada, orballo, parrumada, patiñeira, poalla, poalleira, zarzallo

Chuvia intensa de pouca duración

torboada, torbón, treboada, trebón, tromba, tromba de auga

Chuvia forte e abundante

arroiada, diluvio, dioivo

Chuvia forte que dura pouco tempo

basto, bátega, bategada, chaparrada, chuvascada, chuvasco, chuvieira, treixada

Golpe de chuvia forte, abundante e de pouca duración

ballón, balloada

Chuvia ou neve acompañada de vento forte e xélido

brea, cifra, ciobra, rebelaxe, xistra

Chuvia forte e abundante que adoita ser de duración prolongada

decembra

Chuvia intensa acompañada de vento forte

cebra, cebrina

Chuvia conxelada que cae en forma de grans máis ou menos grandes

graínzo, pedra, pedrazo, salpedrés, sarabia

Chuvia moi fina que se desprende da néboa

meleada, melura, molura

Neve miúda mesturada con chuvia, xeralmente acompañada de vento

nevarisca, nevisca

Auga de chuvia moi fría que cae mesturada con neve fina

auganeve, torba

Espazo breve de tempo en que loce o Sol nun día de chuvia

delampo, raeira, raíña, raiola, raxeira, raza, razada, solada, solleirada

Expresións para dicir que chove moito

chove a caldeiros
choce a cantaros
chove ás cuncas
chover a potes
cae auga a xerros
chove a cachón
chove a fío
chove a mares
chove a rego
chove a sellas
chove a trebón
caen chuzos de punta
chove a Deus dar
chove a máis non poder

Expresións para dicir que chove pouco

caen dúas pingueiras

chove dúas pingueiras

chove coma a mexedeira dun can / gato

chove miudiño

Expresións para dicir que sarabia

cae pedra / pedrazo / pedrisco

caen pedras coma puños

cae area

Expresións para dicir que nevisca

Cae auga de neve

Caen charamiscas

Caen charamuscas

Caen farrapos

Que podes ler aquí?
Para aprender máis
14 palabras para falarmos do frío en galego
17/02/2025
26/12/2025
En Galicia, sabemos ben o que é pasar frío. O inverno pode ser húmido, seco, con xeadas ou con neve, pero hai algo que nunca falta: as ...
58 palabras para falar da neve que, se cadra, non sabías
29/01/2025
23/01/2026
O galego é unha lingua especialmente rica e precisa para nomear o mundo natural. Herdanza dunha fonda tradición oral, ligada ao territorio e á experiencia cotiá, conserva ...
27
9/10/2024
18/02/2026
O galego é unha lingua chea de riqueza e matices, tamén á hora de falar do tempo. Neste artigo, imos afondar nos verbos que nos axudan a ...
Últimos artigos publicados
O vocabulario do material escolar en galego
9/09/2026
9/09/2026
Hoxe comezan as aulas en Galicia e, con elas, volven as mochilas ás costas, os cadernos aínda sen estrear e as présas das mañás para non perder ...
apps para aprender galego
3/09/2026
3/09/2026
Non hai mellor forma de aprender unha lingua que usala tamén no lecer. O móbil, que levamos sempre enriba, pode converterse nun aliado para aprender galego mentres ...
Mosteiro de Samos
26/08/2026
26/08/2026
Ás veces a historia agóchase nos lugares máis inesperados. Esta fin de semana fun visitar o mosteiro de Samos e descubrín algo que non sabía. Alí viviu ...

8 comentarios en “100 palabras para definir a choiva en galego”

  1. Algunhas destas espresions xa as coñecía pero outras moitas non tiña nin idea así que vou nas engadir a miña lista de vocabulario da miña lingua nai.
    Grazas por aportar tanto a esta nosa lingua

    Responder
  2. Máis unha pequena aportación:
    ESTIÑO: Espazo breve de tempo en que deixa de chover, e loce o sol (ou non) nun día de chuvia. (Fonte: o Courel e Bierzo Occidental).

    Responder
  3. Outro refran que non ten nada que ver, máis veume a cabeza…. “Febreiro cos teus dias 28, se durases un mais, non deixabas can nin gato, nin cornas ao carneiro, nin orellas ao pegureiro”….

    Responder

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer