58 palabras para falar da neve que, se cadra, non sabías

O galego é unha lingua especialmente rica e precisa para nomear o mundo natural. Herdanza dunha fonda tradición oral, ligada ao territorio e á experiencia cotiá, conserva un amplo vocabulario para describir a neve e todo o que a rodea: como cae, como se move, como se transforma ou que efectos produce.

Neste artigo recollemos unha escolma de palabras galegas para falar da neve con exactitude, distinguindo tipos, fenómenos, accións e formacións para poñer en valor unha riqueza léxica que explica moito máis do clima, isto é, unha maneira de mirar e de vivir o mundo desde as nosas montañas.

Tipos de neve

  • Auganeve ou torba: auga de chuvia moi fría que cae mesturada con neve fina.
  • Brea, cifra, ciobra, rebelaxe ou xistra: chuvia ou neve acompañada de vento forte.
  • Calistro ou corisco: neve miúda ou sarabia, que cae acompañada de vento forte e frío.
  • Cebrisca: neve acompañada de vento forte.
  • Foula: neve miúda.
  • Pavuxada ou puvisada: neve que cae con pouca intensidade.
  • Zoldra: neve branda, case derretida.

Fenómenos meteorolóxicos con neve

  • Alude ou avalancha: gran masa de neve que se desprende dunha montaña.
  • Nevada, nevarada, farrapada ou folerpada: cantidade de neve caída sen interrupción.
  • Nevarío: tormenta de neve.
  • Trouso: morea de neve que amontoou o vento.
  • Zalapastrada: tempestade de neve.

Accións relacionadas coa neve

  • Callar: formar a neve unha capa sobre o chan.
  • Desnevar: derreterse a neve.
  • Faiscar: caer neve ou chuvia miúda.
  • Nevar, falopar, farrapear, felepar, folerpar ou mantelear: caer neve.

Formacións de neve e xeo

  • Birta, derrota, mallada ou rota: carreiro na neve.
  • Cadorno, calistro, carambelo, carambo, caramelo, codorno ou lazo: capa de xeo que se forma na superficie dun líquido cando vai moito frío.
  • Folerpa, cerello, faísca, falopa, fargallo, farrapa, farrapo, felepa, foleca, folepa, foupa, galapo ou melga: cada unha das porcións de auga conxelada que caen cando neva.
  • Torada: capa máis ou menos grande de neve.
  • Xeeira: masa de xeo de gran tamaño que se forma por acumulación de neve.

Outras palabras relacionadas coa neve

boneco

bóla

zorra

luvas

esquís

esborrexer

Que podes ler aquí?
Para aprender máis
14 palabras para falarmos do frío en galego
17/02/2025
26/12/2025
En Galicia, sabemos ben o que é pasar frío. O inverno pode ser húmido, seco, con xeadas ou con neve, pero hai algo que nunca falta: as ...
27
9/10/2024
18/02/2026
O galego é unha lingua chea de riqueza e matices, tamén á hora de falar do tempo. Neste artigo, imos afondar nos verbos que nos axudan a ...
29
2/10/2024
18/02/2026
A choiva é unha das grandes protagonistas do noso clima e, como non podía ser doutro xeito, a lingua galega ten unha riqueza léxica inmensa para describila. ...
Últimos artigos publicados
O vocabulario do material escolar en galego
9/09/2026
9/09/2026
Hoxe comezan as aulas en Galicia e, con elas, volven as mochilas ás costas, os cadernos aínda sen estrear e as présas das mañás para non perder ...
apps para aprender galego
3/09/2026
3/09/2026
Non hai mellor forma de aprender unha lingua que usala tamén no lecer. O móbil, que levamos sempre enriba, pode converterse nun aliado para aprender galego mentres ...
Mosteiro de Samos
26/08/2026
26/08/2026
Ás veces a historia agóchase nos lugares máis inesperados. Esta fin de semana fun visitar o mosteiro de Samos e descubrín algo que non sabía. Alí viviu ...

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer