Os refráns de marzo: sabedoría popular sobre o tempo e o campo

O mes de marzo é un tempo de cambios: o inverno vai rematando e a primavera asoma. Na cultura popular galega, este mes está cheo de refráns meteorolóxicos e agrícolas que reflicten a incerteza do clima e a importancia deste período para os labregos.

Que nos din os ditos sobre marzo? Vexamos algúns dos refráns máis coñecidos.

Refráns de marzo

Refráns sobre a predición do tempo

  • Cando febreiro non febreirea, marzo marcea.
  • Cando marzo abrilea, abril marcea.
  • Cando marzo maiea, maio marcea.
  • Marzo marzola, trebón e raiola.
  • Marzo pardo, abril chuvioso e maio ventoso, fan o ano fermoso.
  • O sol de marzo queima as donas no seu pazo.

Refráns sobre animais

  • Chuvia en marzo, nin a mexadura dun gato.
  • Cobras en marzo, neve en abril.
  • En marzo, nin o rabo do gato mollado.
  • Entre marzo e abril o cuco ha de vir.
  • Marzo marzán, pola mañá cara de rosa e pola tarde cara de can.

Refráns sobre a agricultura

  • Quen en marzo non poda a súa viña, perde a vendima.
  • Se no marzo ves tronar, arromba cubas e lagar.
  • Vendima no regazo, aquel que poda en marzo.

Refráns sobre santos

  • Día de san Xosé, primeira anduriña se ve.
  • Polo san Matías, marzo ós cinco días.
  • Por san Reimundo a anduriña vén do outro mundo.

Os refráns galegos sobre marzo móstrannos a sabedoría dos nosos devanceiros, que aprendían do clima observando a natureza. Moitos destes ditos seguen vixentes hoxe en día, sobre todo no mundo rural.

E ti, coñeces máis refráns? Déixanos un comentario!

Que podes ler aquí?
Para aprender máis
Refráns de febreiro en galego sabedoría popular para o mes máis curto
3/02/2025
3/02/2026
Neste artigo imos descubrir algúns dos ditos máis populares relacionados co mes de febreiro.
refráns xaneiro
5/01/2025
24/11/2025
Xaneiro é un mes de frío, xeadas e predicións sobre o tempo que marcará o resto do ano. A seguir, deixámosche unha selección dos mellores refráns de ...
Últimos artigos publicados
apps para aprender galego
3/09/2026
3/09/2026
Non hai mellor forma de aprender unha lingua que usala tamén no lecer. O móbil, que levamos sempre enriba, pode converterse nun aliado para aprender galego mentres ...
Mosteiro de Samos
26/08/2026
26/08/2026
Ás veces a historia agóchase nos lugares máis inesperados. Esta fin de semana fun visitar o mosteiro de Samos e descubrín algo que non sabía. Alí viviu ...
vendima en galego
19/08/2026
19/08/2026
A piques de comezar setembro, achégase un dos momentos máis importantes do ano no campo galego: a vendima. Nas Rías Baixas, na Ribeira Sacra, en Valdeorras, no ...

5 comentarios en “Os refráns de marzo: sabedoría popular sobre o tempo e o campo”

  1. Xaneiro xabreiro,
    febreiro pochanqueiro,
    marzo airoso,
    abril chuviñoso,
    sacan ao maio
    florido e fermoso.

    Recollido no Courel.

    Responder

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer