Refráns de maio: a sabedoría popular que florece coa primavera

Maio é un mes especial. Os campos énchense de flores, os días medran e a sabedoría popular tamén agroma en forma de refráns. No galego, como noutras linguas, maio é protagonista de moitos ditos que falan do tempo, das colleitas e mesmo do estado de ánimo da xente.

Neste artigo recollemos algúns dos refráns máis coñecidos sobre maio en galego.

Refráns de maio en galego

Refráns sobre a predición do tempo

  • Ata o corenta de maio a vella aínda queima o tallo.
  • Ata o corenta de maio a vella non quita o saio.
  • Días de maio tan longo sodes, que morro de fame e morro de amores.
  • Febreiro moliñeiro, marzo ventoso e abril chuvioso sacan a maio garrido e fermoso.
  • Maio atreboado, ano temperado.
  • Maio chuvioso, verán caloroso.
  • Marzo ventoso e abril chuvioso sacan a maio florido e fermoso.

Refráns sobre a agricultura

  • Auga de abril e xeada de maio, herba para todo o ano.
  • Auga de maio, pan para todo o ano.
  • Enxame pobre, no inverno nace e no maio morre.
  • Maio hortelán, moita folla e pouco gran.

Refráns sobre animais

  • A langosta e o cazón, en maio están en sazón.
  • A sardiña no maio que a parta un raio.
  • A sardiña polo abril, cóllea polo rabo e déixaa ir; por maio ásaa no borrallo e por San Xoán xa molla o pan.
  • En maio, aínda bebe o boi no prado.

Refráns sobre santos

  • Chuvia na semana da Ascensión, cría nos trigos mourón.
  • Marzo espigarzo, abril penderil, en maio gramado, en San Xoán segado.
  • Pola Santa Cruz de maio, o lobo e o corvo nado e o raposo medio criado.
  • Vai ver se a túa viña reluz o día da Santa Cruz.

Se coñeces máis refráns, déixaos nos comentarios.

Que podes ler aquí?
Para aprender máis
refráns de abril
7/04/2025
3/04/2025
Abril é un mes de contrastes: chove, sae o sol, arrefría, logo quenta… e mentres o tempo cambia de humor, a tradición popular lévanos acompañando séculos cun ...
Os refráns de marzo
10/03/2025
9/03/2025
O mes de marzo é un tempo de cambios: o inverno vai rematando e a primavera asoma. Na cultura popular galega, este mes está cheo de refráns ...
Refráns de febreiro en galego sabedoría popular para o mes máis curto
3/02/2025
3/02/2026
Neste artigo imos descubrir algúns dos ditos máis populares relacionados co mes de febreiro.
Últimos artigos publicados
O vocabulario do material escolar en galego
9/09/2026
9/09/2026
Hoxe comezan as aulas en Galicia e, con elas, volven as mochilas ás costas, os cadernos aínda sen estrear e as présas das mañás para non perder ...
apps para aprender galego
3/09/2026
3/09/2026
Non hai mellor forma de aprender unha lingua que usala tamén no lecer. O móbil, que levamos sempre enriba, pode converterse nun aliado para aprender galego mentres ...
Mosteiro de Samos
26/08/2026
26/08/2026
Ás veces a historia agóchase nos lugares máis inesperados. Esta fin de semana fun visitar o mosteiro de Samos e descubrín algo que non sabía. Alí viviu ...

2 comentarios en “Refráns de maio: a sabedoría popular que florece coa primavera”

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer