Bo día ou bos días? Os saúdos en galego

A forma en que saudamos e nos despedimos di moito sobre nós e a nosa cultura. En galego, igual que en calquera outra lingua, existen diferentes maneiras de saudar e dicir adeus segundo a situación, o grao de confianza coa outra persoa ou mesmo o momento do día.

Neste artigo, imos explorar as fórmulas máis habituais para saudar e despedirse en galego, tanto as máis formais como as máis coloquiais. Así poderás escoller a máis axeitada en cada contexto e comunicarte con naturalidade, sexa nun ámbito profesional, entre amizades ou no día a día.

Saúdos en galego

O saúdo máis habitual en galego, tanto en contextos formais como informais, é un simple ola, usado en calquera momento do día. Se queremos ser máis específicos, empregamos fórmulas como bo día, pola mañá, boa tarde, desde o mediodía ata a noite, e boa noite, cando xa é de noite ou antes de marchar a durmir.

Como curiosidade, antigamente era común saudar facendo un chapeirazo, un xesto que consistía en levantar lixeiramente o chapeu e facelo oscilar en sinal de respecto. Este saúdo, moi habitual entre homes, era especialmente frecuente en contextos formais ou cando se saudaba unha persoa de maior idade ou rango.

Ollo! As formas bos días, boas tardes, boas noites non son incorrectas, mais non se recomenda o seu uso. Prefírese usar a forma en singular ao igual que se fai noutras linguas románicas: bonjour (francés), buongiorno (italiano) e bom dia (portugués).

Despedidas en galego

Á hora de despedirse en galego, temos varias opcións segundo o grao de confianza e a situación. As máis habituais son abur, unha despedida coloquial e moi común, adeus, máis neutra e universal, e chao, unha forma informal compartida con outras linguas.

Tamén podemos empregar expresións que indican que nos veremos máis tarde, como deica agora (vémonos en seguida), deica logo (ata logo), ou deica un pouco (vémonos en breve). Estas fórmulas, propias do galego, engaden matices de proximidade e espontaneidade ás nosas despedidas.

Que podes ler aquí?
Para aprender máis
abur
28/05/2025
7/09/2026
Seguro que algunha vez te despediches cun “abur” sen pensar de onde viña esa palabra. E se escoitaches falar vasco, igual che soou familiar o seu “agur”. ...
22
12/11/2024
18/02/2026
Dicir cousas como *veño nun rato, *estiven un rato xogando con Xiana ou *nun ratiño fago os deberes non ten ningún sentido en galego porque é un ...
27
9/10/2024
18/02/2026
O galego é unha lingua chea de riqueza e matices, tamén á hora de falar do tempo. Neste artigo, imos afondar nos verbos que nos axudan a ...
Últimos artigos publicados
Verbos non reflexivos en galego
20/10/2026
21/10/2026
En galego hai moitos verbos que, por influencia do castelán, se empregan incorrectamente coa forma pronominal, é dicir, engadímoslles un pronome reflexivo (me, te, se…) que non ...
Dous dicionarios castelán-galego para non ter dúbidas nunca máis
16/09/2026
20/09/2026
Cantas veces buscaches como se di unha palabra en galego e non deches cunha ferramenta fiable? Pois traio boas novas! Agora temos tres dicionarios castelán-galego en liña, ...
O vocabulario do material escolar en galego
9/09/2026
9/09/2026
Hoxe comezan as aulas en Galicia e, con elas, volven as mochilas ás costas, os cadernos aínda sen estrear e as présas das mañás para non perder ...

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer