Os mellores xogos en galego para levar á praia

A toalla, o protector solar e un xogo en galego! Este verán, ademais de descansar, tamén podes xogar e divertirte na nosa lingua mentres pasas o día na praia.

Tanto se vas coa familia, con amizades ou en parella, aquí tes catro propostas en galego para todos os gustos e idades. Algunhas son para xogar desde o móbil e outras ocupan pouco espazo na mochila.

O xogo do Tabú

O clásico xogo de adiviñar palabras, agora en galego e de balde no móbil. Desde As chaves da lingua creamos este xogo para que poidás xogar directamente na ligazón, sen descargas nin rexistros. Unha persoa dá pistas sobre unha palabra oculta sen poder usar as palabras prohibidas que aparecen na pantalla.

Preme aquí para xogares

Baralla Galega

Unha baralla con simboloxía galega para xogar aos clásicos de sempre: brisca, escoba, tute e moito máis. En vez dos paos tradicionais, os catro símbolos son a vieira, a cunca de viño, o fouciño e o pemento de Padrón. Compacta e fácil de meter na bolsa de praia.

Helendra

Un xogo de cartas, creado por Quimera Xogos, que te mergulla nun bosque máxico cheo de criaturas fantásticas. De 1 a 5 persoas, cada xogador ten un rol secreto e un obxectivo diferente. Para gañar, tes que rematar a túa quenda cumprindo a túa condición de vitoria sen que os demais o descubran.

Sopas de letras de Pido Papas

Para os momentos de máis calma, Pido Papas ofrece sopas de letras e escape rooms en galego con temáticas variadas e para todas as idades. Ideal para os máis pequenos ou para quen prefire algo tranquilo mentres escoita o mar.

E ti, que xogo levas na túa bolsa da praia? Deixa a túa recomendación nos comentarios! Seguro que hai propostas que aínda non coñecemos e que merecen estar nesta lista.

Que podes ler aquí?
Para aprender máis
Sabías que hai unha morea de videoxogos en galego Descubre Xogalego
14/01/2026
18/02/2026
Moita xente pensa que apenas hai videoxogos en galego, pero nada máis lonxe da realidade! Hai ducias de videoxogos dispoñibles na nosa lingua, desde indies ata grandes ...
O nome dos xogos tradicionais galegos do trompo á billarda
5/02/2025
24/02/2025
Antes de que os videoxogos, as tabletas e os móbiles acaparasen o protagonismo, as rúas e os campos das nosas vilas e aldeas eran o escenario de ...
32
17/09/2024
26/04/2026
Os xogos de mesa son unha excelente forma de pasar o tempo en compañía, aprender novas habilidades e divertirse. Neste artigo, vas descubrir algúns dos mellores xogos ...
Últimos artigos publicados
Series e películas en galego en Netflix para este verán
15/07/2026
15/07/2026
Netflix ten unha pequena parte do seu catálogo de series e películas dispoñible en galego, tanto dobrado como subtitulado. Non ten todo o que nos gustaría, mais ...
Da canícula ao tosteiro vocabulario galego para esta vaga de calor
8/07/2026
8/07/2026
Cando chega a calor, o galego ten palabras para todo, isto é, para o sol que queima, para o aire que non corre, para a sede que ...
Os insectos voadores do verán en Galicia
1/07/2026
1/07/2026
Co verán chegan as noites longas, a calor e tamén os insectos. Algúns son benvidos, outros non tanto, mais todos forman parte da paisaxe galega nesta época ...

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer