Refráns de maio: a sabedoría popular que florece coa primavera

Maio é un mes especial. Os campos énchense de flores, os días medran e a sabedoría popular tamén agroma en forma de refráns. No galego, como noutras linguas, maio é protagonista de moitos ditos que falan do tempo, das colleitas e mesmo do estado de ánimo da xente. Neste artigo recollemos algúns dos refráns máis coñecidos sobre maio en galego.

Refráns de maio en galego

Refráns sobre a predición do tempo

  • Ata o corenta de maio a vella aínda queima o tallo.
  • Ata o corenta de maio a vella non quita o saio.
  • Días de maio tan longo sodes, que morro de fame e morro de amores.
  • Febreiro moliñeiro, marzo ventoso e abril chuvioso, sacan a maio garrido e fermoso.
  • Maio atreboado, ano temperado.
  • Maio chuvioso, verán caloroso.
  • Marzo ventoso e abril chuvioso, sacan a maio florido e fermoso.

Refráns sobre a agricultura

  • Auga de abril e xeada de maio, herba para todo o ano.
  • Auga de maio, pan para todo o ano.
  • Enxame pobre, no inverno nace e no maio morre.
  • Maio hortelán, moita folla e pouco gran.

Refráns sobre animais

  • A langosta e o cazón, en maio están en sazón.
  • A sardiña no maio que a parta un raio.
  • A sardiña polo abril, cóllea polo rabo e déixaa ir; por maio ásaa no borrallo, e por San Xoán xa molla o pan.
  • En maio, aínda bebe o boi no prado.

Refráns sobre santos

  • Chuvia na semana da Ascensión, cría nos trigos mourón.
  • Marzo espigarzo, abril penderil, en maio gramado, en San Xoán segado.
  • Pola Santa Cruz de maio, o lobo e o corvo nado, e o raposo medio criado.
  • Vai ver se a túa viña reluz o día da Santa Cruz.

Que podes ler aquí?
Para aprender máis
refráns de abril
7/04/2025
3/04/2025
Abril é un mes de contrastes: chove, sae o sol, arrefría, logo quenta… e mentres o tempo cambia de humor, a tradición popular lévanos acompañando séculos cun ...
Os refráns de marzo
10/03/2025
9/03/2025
O mes de marzo é un tempo de cambios: o inverno vai rematando e a primavera asoma. Na cultura popular galega, este mes está cheo de refráns ...
Refráns de febreiro en galego sabedoría popular para o mes máis curto
3/02/2025
3/02/2026
Neste artigo imos descubrir algúns dos ditos máis populares relacionados co mes de febreiro.
Últimos artigos publicados
Celga 2026
13/03/2026
13/03/2026
A Xunta de Galicia acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das probas Celga para o ano 2026. Estas probas permiten obter o certificado ...
M8porler unha plataforma para lectoras e lectores en galego
11/03/2026
11/03/2026
Se che gusta ler en galego, hai unha ferramenta que paga a pena coñecer: M8porler. Trátase dunha plataforma dixital pensada para crear comunidade arredor do libro galego ...
Libros en galego para celebrar o 8M
4/03/2026
8/03/2026
O Día Internacional da Muller, que celebramos cada 8 de marzo, é unha oportunidade para reflexionarmos sobre os retos que as mulleres afrontaron ao longo da historia ...

2 comentarios en “Refráns de maio: a sabedoría popular que florece coa primavera”

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer