Convocatoria CELGA 2026: prepara as probas oficiais con Cursos.gal

A Xunta de Galicia acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das probas Celga para o ano 2026. Estas probas permiten obter o certificado oficial que acredita o nivel de coñecemento da lingua galega nos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Cada ano miles de persoas preséntanse a estes exames para acreditar o seu nivel de galego, xa sexa por motivos profesionais, académicos ou simplemente por interese persoal na lingua.

Quen pode presentarse

Poden participar nas probas todas as persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran no mesmo ano da convocatoria, sexan nacionais ou estranxeiras.

Isto significa que tanto estudantes como profesionais ou persoas que están aprendendo galego poden obter unha certificación oficial do seu nivel.

Cando serán as probas

Segundo a convocatoria oficial, os exames celebraranse entre a segunda quincena de maio e a primeira de xuño de 2026. As datas exactas publicaranse posteriormente na web da Secretaría Xeral da Lingua.

As probas realizaranse nas seguintes cidades:

  • Santiago de Compostela – Celga 1, 2, 3 e 4
  • Ponferrada – Celga 2, 3 e 4
  • Madrid – Celga 2, 3 e 4

A sede concreta e os horarios publicaranse xunto coas listas de persoas admitidas.

Prazo de inscrición

Para presentarse ás probas é necesario cubrir o formulario correspondente e pagar a taxa de exame.

O prazo de inscrición é de 15 días hábiles desde o día seguinte á publicación da convocatoria no DOG.

A taxa de exame é de 16,92 € por cada nivel ao que se queira presentar.

A inscrición pode realizarse preferiblemente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Como son os exames CELGA

Todos os niveis inclúen unha proba escrita e unha proba oral.

A duración varía segundo o nivel:

  • Celga 1 e Celga 2: 2 horas de exame escrito + 10 minutos de oral
  • Celga 3: 2 horas e media de exame escrito + 15 minutos de oral
  • Celga 4: 3 horas de exame escrito + 15 minutos de oral

A proba oral adoita realizarse o mesmo día que a escrita.

Queres preparar o CELGA?

Se estás pensando en presentarte ás probas, convén comezar a preparalas con tempo.

En Cursos.gal tes materiais específicos para preparar os exames CELGA paso a paso, entre eles:

  • modelos de exames reais resoltos e explicados
  • guías prácticas para entender como é cada proba
  • cuestionarios tipo exame para practicar
  • actividades de repaso
  • xogos interactivos para reforzar contidos
  • vídeos explicativos

Todo o material está pensado para que poidas practicar co mesmo tipo de exercicios que atoparás no exame e chegar ás probas con máis seguridade.

Se queres preparar o CELGA con materiais estruturados e exercicios reais, podes consultar os cursos dispoñibles en Cursos.gal.

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
Os mellores xogos en galego para levar á praia
22/07/2026
22/07/2026
A toalla, o protector solar e un xogo en galego! Este verán, ademais de descansar, tamén podes xogar e divertirte na nosa lingua mentres pasas o día ...
Series e películas en galego en Netflix para este verán
15/07/2026
15/07/2026
Netflix ten unha pequena parte do seu catálogo de series e películas dispoñible en galego, tanto dobrado como subtitulado. Non ten todo o que nos gustaría, mais ...
Da canícula ao tosteiro vocabulario galego para esta vaga de calor
8/07/2026
8/07/2026
Cando chega a calor, o galego ten palabras para todo, isto é, para o sol que queima, para o aire que non corre, para a sede que ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer