Refráns de febreiro en galego: sabedoría popular para o mes máis curto

A cultura popular galega, rica en tradicións e observacións sobre o ciclo da natureza, reflicte todo isto nos seus refráns. Neste artigo imos descubrir algúns dos ditos máis populares relacionados co mes de febreiro.

Refráns de febreiro en galego

Refráns sobre a predición do tempo

  • Cando a Candeloria chora, a metade do inverno está fora; se chora ou ri, a metade do inverno está por vir, e se chora ou fai vento, aínda o inverno está dentro.
  • Cando febreiro non febreirea, marzo marcea.
  • En febreiro sete capas e un sombreiro.
  • Febreiro quente, trae o demo no ventre.

Refráns sobre a agricultura

  • A chuvia de febreiro fai o palleiro.
  • Auga de febreiro enche o cabaceiro.
  • Auga de febreiro, enche o graneiro.
  • Auga de febreiro fai o palleiro.

Refráns sobre animais

  • A xeada de febreiro mata a vaca e mailo leiro.
  • Pola Candelaria casan os paxariños e vaise a galiñola.
  • Se queres ter abellas mira por elas nas Candeas e se queres ter mel míraas polo san Miguel.

Refráns sobre santos

  • De san Tomé a san Matías poden as noites cos días.
  • De santo Tomé a san Matías máis poden as tebras cos días.
  • De santo Tomé a san Matías son máis longas as noites cos días.
  • Polo San Brais, dúas horas máis.
  • Polo San Matías, comenzan as enxertías.
  • Polo San Matías igualan as noites ós días.
  • Polo San Matías, marzo en cinco días.

Se coñeces algún outro refrán máis sobre febreiro, déixanolo nos comentarios!

Que podes ler aquí?
Para aprender máis
Os refráns de marzo
10/03/2025
9/03/2025
O mes de marzo é un tempo de cambios: o inverno vai rematando e a primavera asoma. Na cultura popular galega, este mes está cheo de refráns ...
refráns xaneiro
5/01/2025
24/11/2025
Xaneiro é un mes de frío, xeadas e predicións sobre o tempo que marcará o resto do ano. A seguir, deixámosche unha selección dos mellores refráns de ...
29
2/10/2024
18/02/2026
A choiva é unha das grandes protagonistas do noso clima e, como non podía ser doutro xeito, a lingua galega ten unha riqueza léxica inmensa para describila. ...
Últimos artigos publicados
Celga 2026
13/03/2026
13/03/2026
A Xunta de Galicia acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das probas Celga para o ano 2026. Estas probas permiten obter o certificado ...
M8porler unha plataforma para lectoras e lectores en galego
11/03/2026
11/03/2026
Se che gusta ler en galego, hai unha ferramenta que paga a pena coñecer: M8porler. Trátase dunha plataforma dixital pensada para crear comunidade arredor do libro galego ...
Libros en galego para celebrar o 8M
4/03/2026
8/03/2026
O Día Internacional da Muller, que celebramos cada 8 de marzo, é unha oportunidade para reflexionarmos sobre os retos que as mulleres afrontaron ao longo da historia ...

1 comentario en “Refráns de febreiro en galego: sabedoría popular para o mes máis curto”

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer