Os mellores xogos en galego. Diversión asegurada coa nosa lingua

Os xogos de mesa son unha excelente forma de pasar o tempo en compañía, aprender novas habilidades e divertirse. Se a todo isto lle sumamos a posibilidade de xogar en galego, o pracer é dobre. Neste artigo, vas descubrir algúns dos mellores xogos dispoñibles en galego.

Aplicacións para o móbil

Ximnasio Léxico

A RAG creou unha innovadora aplicación de xogos lingüísticos baseada no seu propio Dicionario, dispoñible para dispositivos móbiles en Android e iOS chamada Ximnasio Léxico.

Esta aplicación ofrece dúas modalidades principais: adestrar e competir. Unha vez que as persoas xogadoras se senten preparadas, poden pasar á competición, que está estruturada en tres niveis de dificultade (inicial, medio e superior), o que garante un reto adecuado para cada nivel de coñecemento da lingua galega.

Xogos en galego en Internet

Pensatermos

A Mesa pola Normalización Lingüística lanzou Pensatermos, un xogo ameno e gratuíto para entreterse a calquera hora do día e que consiste en formar palabras a través de sete letras, sendo unha delas de uso obrigatorio.

Wordle galego

Wordle Galego é un xogo en liña de adiviñanza de palabras onde os xogadores teñen que descubrir unha palabra oculta de cinco letras nun máximo de seis intentos. O obxectivo é atopar a palabra correcta usando a lóxica e as pistas proporcionadas por cada intento. Hai dúas versións do Wordle, a primeira é máis doada porque na segunda versión as palabras poden levar acento.

Logaliza



O xogo Logaliza é similar a Worldle, mais nesta ocasión amosa imaxes representativas de comarcas galegas. Os xogadores teñen catro intentos con pistas sobre a distancia e dirección para adiviñar o lugar.

Xogos de mesa en galego

Vacaloura

Vacaloura é un xogo de mesa para aprender, practicar e mellorar coñecementos sobre lingua galega. Serve tanto para galegofalantes como neofalantes.

Ti non es de aquí?

Ti non es de aquí? ten un formato parecido ao Trivial para poñer a proba os coñecementos sobre 5 áreas temáticas sobre Galicia (xeografía, lingua, literatura, historia, deporte…).

Baralla Galega

A Baralla Galega é un xogo de cartas que versiona os catro paos da baralla tradicional coa vieira, a cunca de viño, o fouciño e o pemento de Padrón como os catro elementos representativos da nosa cultura popular.

Cordadas

Cordadas é un xogo creado por Muki no cal poden participar de 2 a 6 xogadores e aínda que a temática sexa a escalada e o alpinismo, calquera pode xogar xa que se basea nun código de cores. 

MemoFEM

MemoFem é un xogo de memoria feito por Avezar. Consta de 32 fichas correspondentes a 16 científicas e inventoras salientables e un póster cunha breve biografía sobre cada unha delas.

O gatipedro

O Gatipedro é un xogo de axilidade mental onde os xogadores deben desfacerse das cartas o máis rápido posible. As cartas están baseadas en lendas de oito seres mitolóxicos galegos e deben ser colocadas de acordo coas súas historias.

Comparte!

4 comentarios en “Os mellores xogos en galego. Diversión asegurada coa nosa lingua”

Deixa un comentario

Que podes ler aquí

Entradas relacionadas

100 palabras para definir a choiva en galego

A choiva é unha das grandes protagonistas do noso clima e, como non podía ser doutro xeito, a lingua galega ten unha riqueza léxica inmensa para describila. Desde as pingas finas que apenas mollan

Adiviñas do outono galego

As adiviñas son máis que simples xogos, conectan coas tradicións orais galegas e permítennos observar o mundo con ollos curiosos. A continuación, propóñoche algunhas adiviñas relacionadas co outono e ao final do artigo atoparás

100 palabras para definir a choiva en galego

A choiva é unha das grandes protagonistas do noso clima e, como non podía ser doutro xeito, a lingua galega ten unha riqueza léxica inmensa para describila. Desde as pingas finas que apenas mollan

Adiviñas do outono galego

As adiviñas son máis que simples xogos, conectan coas tradicións orais galegas e permítennos observar o mundo con ollos curiosos. A continuación, propóñoche algunhas adiviñas relacionadas co outono e ao final do artigo atoparás

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer