Refráns de decembro: a sabedoría popular do último mes do ano

Decembro sempre foi un mes clave no calendario tradicional galego. Marca o peche do ciclo agrícola, anuncia o inverno máis duro e concentra unha das épocas festivas con máis peso cultural. A lingua conservou todo ese coñecemento en forma de refráns: pequenas frases que resumen observacións do tempo, consellos de vida e crenzas transmitidas de xeración en xeración.

Neste artigo recóllese unha selección dos refráns máis coñecidos ligados a decembro que nos falan sobre a relación do país co clima, a terra e as celebracións do Nadal.

Refráns en galego sobre decembro

Refráns sobre a predición do tempo

  • Comenza a crecer o día pola Santa Lucía.
  • De san Tomé a san Matías poden as noites cos días.
  • De Santos a Nadal é o inverno natural.
  • Desde Santos a Natal é inverno caroal.
  • Nadal mollado e xaneiro ben xeado.
  • No mes de Nadal, a carón da lareira vaite sentar.
  • Por santa Eulalia, trompos á borralla.
  • Tantos días de sol en Nadal como de auga en san Xoán.

Refráns sobre a agricultura e os animais

  • Castañas, no Nadal, saben ben e pártense mal.
  • Día de santo Tomé, colle o porco polo pé.
  • No Nadal, alegrote, alegrote, que hai viño na cuba e chourizos no pote.
  • Santa Lucía anda co porco á porfía.

Sabías que decembro tamén recibe os nomes de nadal?

En Galicia, é habitual chamarlle aos meses polos costumes ou polas festividades que se conmemoran neles. Se queres coñecer o nome dos outros meses, bótalle unha ollada ao seguinte artigo:

O nome dos meses en galego que, se cadra, non sabías.

Coñeces máis refráns de decembro? Déixaos nos comentarios!

Que podes ler aquí?
Para aprender máis
Refráns galegos de novembro
3/11/2025
5/12/2025
Novembro é o mes en que a natureza se recolle: as follas caen, as noites fanse longas e o frío comeza a facer presenza de verdade. O ...
refráns galegos de outubro
1/10/2025
1/10/2025
Outubro chega co arrecendo da terra mollada, coas primeiras noites frías e cos ourizos das castañas espallados polos soutos. É un mes de transición, o verán xa ...
refráns xaneiro
5/01/2025
24/11/2025
Xaneiro é un mes de frío, xeadas e predicións sobre o tempo que marcará o resto do ano. A seguir, deixámosche unha selección dos mellores refráns de ...
Últimos artigos publicados
Series e películas en galego en Netflix para este verán
15/07/2026
15/07/2026
Netflix ten unha pequena parte do seu catálogo de series e películas dispoñible en galego, tanto dobrado como subtitulado. Non ten todo o que nos gustaría, mais ...
Da canícula ao tosteiro vocabulario galego para esta vaga de calor
8/07/2026
8/07/2026
Cando chega a calor, o galego ten palabras para todo, isto é, para o sol que queima, para o aire que non corre, para a sede que ...
Os insectos voadores do verán en Galicia
1/07/2026
1/07/2026
Co verán chegan as noites longas, a calor e tamén os insectos. Algúns son benvidos, outros non tanto, mais todos forman parte da paisaxe galega nesta época ...

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer