Sabedoría popular: refráns galegos de novembro

Novembro é o mes en que a natureza se recolle: as follas caen, as noites fanse longas e o frío comeza a facer presenza de verdade. O mundo rural galego tiña ben marcadas estas datas no calendario e, por iso, xurdiron tantos refráns que falan da choiva, da matanza, das colleitas que rematan e do inverno que se achega.

Neste artigo recollemos algúns refráns galegos de novembro que nos amosan como a lingua e a sabedoría popular se entrelazan co paso das estacións.

Refráns galegos de novembro

Refráns sobre a predición do tempo

  • Ata san Martiño, pan e viño. De san Martiño adiante, fame e frío.
  • Cando Santos acaba, o inverno empeza.
  • De Santos a Nadal é o inverno natural.
  • Desde Santos a Nadal é inverno caroal.
  • O verán de san Martiño dura mentres o can lambe o fuciño.
  • Polo san Martiño, trompos ao camiño.
  • Polo san Martiño, trompos ao camiño, e polo santo Amaro, trompos ao tellado.
  • Por Santos, nevan os campos.

Refráns sobre a agricultura

  • Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño.
  • Despois de san Martiño, deixa a auga e bebe o viño.
  • Horta de san Martiño mantén ao dono e mais o veciño.
  • O que queira ter bo alliño, que o semente polo san Martiño.
  • San Xoán garda a chave do pan, san Martiño a do viño e santo Andrés a do porquiño.

Refráns sobre animais

  • A cada porco lle chega o seu san Martiño.
  • No mes dos mortos mata os teus porcos.
  • Non hai cocho bo nin ruín que non lle chegue o seu Sanmartín.

Refráns sobre santos

  • Bendito mes, que empeza con Santos e acaba con santo Andrés.
  • San Simón proba o viño e o porco san Martiño.
  • San Xoán come pan e santo Andresiño touciño.

Sabías que novembro tamén recibe os nomes de san Martiño e santos?

En Galicia, é habitual chamarlle aos meses polos costumes ou polas festividades que se conmemoran neles. Se queres coñecer o nome dos outros meses, bótalle unha ollada ao seguinte artigo:

O nome dos meses en galego que, se cadra, non sabías.

Coñeces máis refráns de novembro? Déixaos nos comentarios!

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
o vocabulario da eclipse
5/08/2026
5/08/2026
O 12 de agosto de 2026 os ollos de toda Galicia estarán postos no ceo debido á eclipse total de Sol, un fenómeno que non se vía ...
Dis orquesta Pois estás a dicilo mal
29/07/2026
4/08/2026
Chega o verán e con el as festas, as verbenas e as noites de troula. Mais hai algunhas palabras moi típicas destas datas que non se adoitan ...
Os mellores xogos en galego para levar á praia
22/07/2026
22/07/2026
A toalla, o protector solar e un xogo en galego! Este verán, ademais de descansar, tamén podes xogar e divertirte na nosa lingua mentres pasas o día ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer