Refráns galegos de agosto: o mes do sol e das colleitas

Agosto é mes de calor, festas e colleitas. A sabedoría popular galega, transmitida de xeración en xeración, recolle estas experiencias a través de refráns que condensan observacións do clima, consellos agrícolas e tamén advertencias cheas de retranca.

Neste artigo recollemos os refráns que nos conectan co ritmo do campo e coa mirada dos nosos devanceiros sobre o mundo.

Refráns galegos de agosto

Refráns sobre a predición do tempo

  • En agosto secan as fontes e en setembro, os montes.
  • Lúa de xaneiro non ten compañeiro, senón a de agosto, que lle dá no rosto.
  • Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados.

Refráns sobre a agricultura

  • A castaña en agosto quere arder e no setembro beber.
  • A chuvia no mes de agosto, non é chuvia que é mosto.
  • En agosto madura e en setembro vendima a uva.
  • Cando chove por agosto, chove mel e mosto.

Refráns sobre animais

  • O porco en agosto pon o entrecosto.
  • O que en abril come sardiña, aínda en agosto pícalle a espiña.

Refráns sobre santos

  • O millo de san Bartolomeu nin é meu nin é teu.
  • O que en agosto non dá cebada, en san Xoán non fai xornada.
  • Pasados os Remedios e san Roque, xa non hai sesta nin merendote.
  • Por santa Mariña deita o pobre a súa galiña.
  • Por santa Mariña deixa o sacho e colle a fouciña.
  • Se chove o día de san Pedro Fiz, castañas furadas e nabos ruíns.

Coñeces máis refráns? Déixaos nos comentarios!

Que podes ler aquí?
Para aprender máis
refrans xullo
2/07/2025
2/07/2025
O mes de xullo chega cargado de calor, traballo no campo e vellas sabedorías populares que nos falan do tempo, das colleitas e do carácter cambiante do ...
xuño
9/06/2025
9/06/2025
O mes de xuño marca a entrada do verán, coa súa luz longa, os campos en flor e as festas tradicionais como o San Xoán. A cultura ...
Refráns maio
5/05/2025
4/05/2026
Maio é un mes especial. Os campos énchense de flores, os días medran e a sabedoría popular tamén agroma en forma de refráns. No galego, como noutras ...
Últimos artigos publicados
Dis orquesta Pois estás a dicilo mal
29/07/2026
29/07/2026
Chega o verán e con el as festas, as verbenas e as noites de troula. Mais hai dúas palabras moi típicas destas datas que non se adoitan ...
Os mellores xogos en galego para levar á praia
22/07/2026
22/07/2026
A toalla, o protector solar e un xogo en galego! Este verán, ademais de descansar, tamén podes xogar e divertirte na nosa lingua mentres pasas o día ...
Series e películas en galego en Netflix para este verán
15/07/2026
15/07/2026
Netflix ten unha pequena parte do seu catálogo de series e películas dispoñible en galego, tanto dobrado como subtitulado. Non ten todo o que nos gustaría, mais ...

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer