Refráns de xullo: o mes da sega na cultura popular galega

O mes de xullo chega cargado de calor, traballo no campo e vellas sabedorías populares que nos falan do tempo, das colleitas e do carácter cambiante do verán. A través dos refráns, a lingua galega garda un rexistro vivo da experiencia acumulada polo pobo ao longo dos séculos.

Neste artigo recollemos algúns dos refráns máis coñecidos relacionados con este mes, porque a lingua tamén se aprende a través da tradición oral, da retranca e da observación do mundo que nos rodea.

Refráns de xullo

  • As abellas da Madalena, Deus as trae e Deus as leva.
  • En san Xoán, bótalle a fouciña ao pan; en santa Mariña, da meda fai fariña.
  • Entre marzo e abril sae o cuco do cubil, e entre san Xoán e a sega marcha o cuco para a súa terra.
  • Pola santa Mariña pinga a sardiña.
  • Santiago manda o pan, san Migueliño manda o viño, san Francisco manda a landre e santo André o touciño.
Que podes ler aquí?
Para aprender máis
xuño
9/06/2025
9/06/2025
O mes de xuño marca a entrada do verán, coa súa luz longa, os campos en flor e as festas tradicionais como o San Xoán. A cultura ...
Refráns maio
5/05/2025
4/05/2026
Maio é un mes especial. Os campos énchense de flores, os días medran e a sabedoría popular tamén agroma en forma de refráns. No galego, como noutras ...
refráns de abril
7/04/2025
3/04/2025
Abril é un mes de contrastes: chove, sae o sol, arrefría, logo quenta… e mentres o tempo cambia de humor, a tradición popular lévanos acompañando séculos cun ...
Últimos artigos publicados
A Santa Compaña
28/10/2026
28/10/2026
Coa chegada do Samaín e do Día dos Defuntos, as historias das ánimas e dos seres sobrenaturais volven cobrar protagonismo. E poucas lendas galegas provocan tanto respecto ...
Verbos non reflexivos en galego
20/10/2026
21/10/2026
En galego hai moitos verbos que, por influencia do castelán, se empregan incorrectamente coa forma pronominal, é dicir, engadímoslles un pronome reflexivo (me, te, se…) que non ...
Dous dicionarios castelán-galego para non ter dúbidas nunca máis
16/09/2026
20/09/2026
Cantas veces buscaches como se di unha palabra en galego e non deches cunha ferramenta fiable? Pois traio boas novas! Agora temos tres dicionarios castelán-galego en liña, ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

actualizado outubro 2026

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

actualizado outubro 2026