12 frases feitas sobre os cans en galego

12 frases feitas sobre cans

O can é o mellor amigo do home, ou iso din. E mostra diso é a gran presenza que ten este animal na tradición popular galega. Podemos atopar desde refráns até cantigas como esta:

Se queres, miña meniña,
que che vaia visitar
manda prender a cadela
que non fai senón ladrar.

Neste artigo imos renderlle homenaxe a unha das nosas mascotas favoritas con frases feitas sobre cans e cadelas.

A paso de cadela

A paso rápido.

Non ter unha cadela para facer bailar un cego

Non ter cartos.

Can de moitos cucos

Home que anda con máis dunha muller.

Ser un can vello

Persoa astuta, que é difícil enganala.

Seren como o can e o gato

Levárense moi mal.

Deixa andar o can coa roca, que el ha dar conta da mazaroca

O paso do tempo dará a razón

Feo/a como un can

Ser moi feo/a.

Ter cara de can

Ser moi feo/a.

Non hai can que lle ladre

Dise da persoa arrogante.

O meu can colleu unha mosca

Facer ou dicir algo por casualidade.

Vivir/morrer/tratar coma un can

Persoa sen coidados.

Volver ao pasado, como o can ao trousado

Recaer nalgún vicio ou mal costume.

Se coñeces algún dito máis, compárteo nos comentarios!

Que podes ler aquí?
Para aprender máis
9
2/12/2024
28/02/2025
A lingua galega ten unha riqueza léxica extraordinaria para describir os sons dos animais. Estas palabras non só capturan a esencia de cada especie, senón que tamén ...
38
25/03/2024
19/03/2026
Coa chegada da primavera Galicia énchese de chíos e rechouchíos, e convértese no momento perfecto para observar aves e recoñecer os paxaros máis habituais da nosa terra. ...
50
29/03/2023
28/02/2025
Todas as linguas están cheas de frases feitas e esta combinación de palabras ten un significado concreto que nada ten que ver co significado individual de cada ...
Últimos artigos publicados
O vocabulario do material escolar en galego
9/09/2026
9/09/2026
Hoxe comezan as aulas en Galicia e, con elas, volven as mochilas ás costas, os cadernos aínda sen estrear e as présas das mañás para non perder ...
apps para aprender galego
3/09/2026
3/09/2026
Non hai mellor forma de aprender unha lingua que usala tamén no lecer. O móbil, que levamos sempre enriba, pode converterse nun aliado para aprender galego mentres ...
Mosteiro de Samos
26/08/2026
26/08/2026
Ás veces a historia agóchase nos lugares máis inesperados. Esta fin de semana fun visitar o mosteiro de Samos e descubrín algo que non sabía. Alí viviu ...

7 comentarios en “12 frases feitas sobre os cans en galego”

  1. Buen trabajo, Noemí. Recuerdo que mi abuela, de Lamas de Samos, solía decir: Menos mal que me can colleu unha mosca, saculleu e mangeu.

    Responder

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer