Os posesivos en galego: guía práctica con exemplos

Os posesivos en galego serven para indicar a pertenza, a relación ou a posesión entre unha persoa e un obxecto, animal ou idea. Igual que noutras linguas, poden funcionar como adxectivos (o meu libro) ou como pronomes (este libro é meu).

Neste artigo verás táboas, exemplos e explicacións para comprender como se usan correctamente.

Que son os posesivos?

Os posesivos son palabras que indican a quen pertence algo. Por exemplo:

A miña casa é grande. → “miña” acompaña a un substantivo → adxectivo posesivo.
Aquela é miña. → substitúe o substantivo → pronome posesivo.

Formas dos posesivos en galego

En galego, os posesivos concordan en xénero (masculino/feminino) e número (singular/plural) co substantivo ao que acompañan ou substitúen.

POSESIVOS
PERSOASINGULARPLURAL
masculinofemininomasculinofeminino
eumeumiñameusmiñas
titeutúateustúas
el / ela / vostedeseusúaseussúas
nósnosonosanososnosas
vósvosovosavososvosas
eles / elas /
vostedes
seusúaseussúas

Exemplos:

O meu coche é novo.
As túas chaves están na mesa.
A súa escola é pequena.
Os nosos amigos viven preto.

Diferenza entre adxectivos posesivos e pronomes posesivos

Os posesivos en galego poden cumprir dúas funcións distintas segundo o lugar que ocupen no enunciado e o papel que desempeñen. Cando acompañan un substantivo, chámanse adxectivos posesivos; cando o substitúen, chámanse pronomes posesivos.

Os adxectivos posesivos aparecen sempre xunto a un nome, co que concordan en xénero e número. Indican a quen pertence ese substantivo. Por exemplo:

A miña casa é branca.
O teu libro está na mochila.
As súas flores son fermosas.

En todos estes casos, o posesivo acompaña un substantivo (casa, libro, flores) e actúa como adxectivo determinante, igual que ocorre cos artigos ou cos demostrativos.

Ollo! Cando o posesivo actúa como determinante, sempre debe ir acompañado do artigo. Só se pode prescindir do artigo en enunciados enfáticos (Ex.: Meu deus!) ou con familiares próximos (Ex.: Meu pai chámase Manolo.)

Ex.: O meu coche, a túa amiga, o noso compañeiro

Pola contra, os pronomes posesivos non van acompañados dun substantivo, senón que o substitúen completamente. Serven para evitar repeticións ou facer referencia a algo xa mencionado no discurso. Por exemplo:

A branca é miña.
O meu é máis grande ca o teu.
As túas son máis bonitas ca as súas.

Nestes exemplos, o posesivo xa non acompaña un nome, senón que funciona como pronome, representando o substantivo omitido (casa, libro, flores…).

En resumo, se o posesivo vai diante dun substantivo, é adxectivo posesivo; se aparece só, sen nome despois, é pronome posesivo. Ambos concordan co xénero e co número do substantivo que acompañan ou substitúen e son formas fundamentais dentro da gramática galega.

Que podes ler aquí?
Para aprender máis
demostrativos en galego
13/10/2025
22/10/2025
Os demostrativos son unha peza fundamental da lingua: pequenas palabras que nos permiten sinalar obxectos, lugares, tempos ou ideas en función da súa proximidade. Neste artigo imos ...
28
16/10/2024
8/03/2026
O galego e o castelán comparten moitas palabras, pero iso non significa que funcionen igual nas dúas linguas. Un dos erros máis frecuentes ten que ver co ...
Vintecatro ou vinte e catro Aprende a escribir os números
2/01/2024
6/04/2025
A escrita dos números cardinais é ben sinxela. Só debemos seguir unha única regra. En galego, as combinacións de números a partir do vinte escríbense separadas. Por ...
Últimos artigos publicados
o vocabulario da eclipse
5/08/2026
5/08/2026
O 12 de agosto de 2026 os ollos de toda Galicia estarán postos no ceo debido á eclipse total de Sol, un fenómeno que non se vía ...
Dis orquesta Pois estás a dicilo mal
29/07/2026
4/08/2026
Chega o verán e con el as festas, as verbenas e as noites de troula. Mais hai algunhas palabras moi típicas destas datas que non se adoitan ...
Os mellores xogos en galego para levar á praia
22/07/2026
22/07/2026
A toalla, o protector solar e un xogo en galego! Este verán, ademais de descansar, tamén podes xogar e divertirte na nosa lingua mentres pasas o día ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer