Sabes como se di “pijo” en galego?

Se algunha vez te preguntaches como se di pijo ou pija en galego, estás lendo o artigo correcto. A palabra pijo úsase en castelán para referirse a unha persoa que viste con roupa cara, fala de maneira afectada e ten actitudes propias da clase alta ou acomodada. Mais, en galego, hai unha palabra exacta para evitarmos este castelanismo?

Como se di “pijo” en galego?

Neno/a de papá

Unha das expresións máis comúns en galego para referirse a unha persoa pija é neno de papá ou nena de papá. Indica que alguén ten a vida solucionada grazas aos cartos da súa familia e adoita ter unha actitude prepotente ou despreocupada polo mundo real.

Exemplo: Non ten que traballar porque é un neno de papá, sempre tivo todo feito.

Lambido/a ou relambido/a

Estes termos refírense a persoas que destacan por un exceso de refinamento, afectación ou finura, especialmente no xeito de falar ou comportarse. Son palabras ideais para describir as persoas que queren aparentar unha clase social superior.

Exemplo: Dende que anda con esa xente está feito un lambido, fala con aires de grandeza.

Señorito/a

Un termo moi útil, especialmente cando se usa con ironía. Señorito ou señorita refírese a persoas que viven con comodidades e que, polo xeral, non queren facer traballos duros ou esforzarse demasiado.

Exemplo: O señorito non pode coller unha vasoira, non vaia ser que se manche.

E ti, coñeces outra expresión para as persoas relambidas? Déixaa nos comentarios!

Que podes ler aquí?
Para aprender máis
como se di bro en galego 1
11/04/2025
13/04/2025
Hai palabras que usamos a diario sen pensarmos se teñen unha alternativa en galego. Cotilleo é un deses castelanismos. Presente en conversas de ascensor ou nos grupos ...
bro en galego
17/03/2025
17/03/2025
Nos últimos anos, o anglicismo bro fíxose un oco no noso vocabulario. Vese en redes sociais, en mensaxes entre colegas e mesmo en conversas cotiás. Mais, sabes ...
21
20/11/2024
28/02/2025
Eliminar os castelanismos da nosa fala é un paso importante para dignificar o galego e preservar a súa autenticidade. Aínda que ás veces non nos decatemos, moitas ...
Últimos artigos publicados
O vocabulario do material escolar en galego
9/09/2026
9/09/2026
Hoxe comezan as aulas en Galicia e, con elas, volven as mochilas ás costas, os cadernos aínda sen estrear e as présas das mañás para non perder ...
apps para aprender galego
3/09/2026
3/09/2026
Non hai mellor forma de aprender unha lingua que usala tamén no lecer. O móbil, que levamos sempre enriba, pode converterse nun aliado para aprender galego mentres ...
Mosteiro de Samos
26/08/2026
26/08/2026
Ás veces a historia agóchase nos lugares máis inesperados. Esta fin de semana fun visitar o mosteiro de Samos e descubrín algo que non sabía. Alí viviu ...

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer