Sabes como se di “bro” en galego?

Nos últimos anos, o anglicismo bro fíxose un oco no noso vocabulario. Vese en redes sociais, en mensaxes entre colegas e mesmo en conversas cotiás. Mais, sabes como se di bro en galego?

O galego tamén ten os seus “bros”

En galego, o equivalente máis natural a bro é “meu“. Igual que bro en inglés vén de brother (irmán), en galego usamos meu de maneira afectuosa para referírmonos a un amigo próximo, a un compañeiro ou simplemente para dirixirse a alguén de xeito informal.

Exemplos:

  • Que pasa, meu? (What’s up, bro?)
  • Meu, onte foi brutal! (Bro, yesterday was crazy!)
  • Dille que se pase, meu! (Tell him to come over, bro!)

A influencia do inglés e o futuro do galego


A mocidade galega adopta moitos anglicismos, especialmente os que ve nas redes sociais e na cultura pop. Porén, iso non significa que non teñamos alternativas propias! Dicir meu no canto de bro non só fai que a lingua se manteña viva, senón que tamén reforza a identidade galega.

Entón, que pasa, meu? Xa sabes como se di bro en galego. Agora tócache usalo!

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
Verbos non reflexivos en galego
20/10/2026
21/10/2026
En galego hai moitos verbos que, por influencia do castelán, se empregan incorrectamente coa forma pronominal, é dicir, engadímoslles un pronome reflexivo (me, te, se…) que non ...
Dous dicionarios castelán-galego para non ter dúbidas nunca máis
16/09/2026
20/09/2026
Cantas veces buscaches como se di unha palabra en galego e non deches cunha ferramenta fiable? Pois traio boas novas! Agora temos tres dicionarios castelán-galego en liña, ...
O vocabulario do material escolar en galego
9/09/2026
9/09/2026
Hoxe comezan as aulas en Galicia e, con elas, volven as mochilas ás costas, os cadernos aínda sen estrear e as présas das mañás para non perder ...

4 comentarios en “Sabes como se di “bro” en galego?”

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer