7 erros básicos do galego que debes evitar

7 erros básicos do galego que debes evitar

O galego, como calquera lingua, ten as súas particularidades e é fácil trabucarse, sobre todo, cando estás a aprender unha nova lingua. Velaquí tes 7 erros básicos do galego que debes evitar para falar e escribir correctamente e algúns consellos para corrixilos.

Colocación dos pronomes

Un dos erros máis habituais entre as persoas que están a aprender galego é a colocación dos pronomes átonos. Frases como *Me dixo no canto de Díxome exemplifican como a orde das palabras pode distorsionar a gramática. En galego, os pronomes átonos van despois do verbo nas frases afirmativas, mais aparecen antes en oracións negativas, con algúns advervios ou conxuncións etc.

No seguinte artigo, explícoche a correcta colocación dos pronomes átonos.

Diferenza entre te e che

Outro erro básico do galego é a confusión entre os pronomes te e che. En galego, te úsase como obxecto directo, mentres que che indica un obxecto indirecto. Porén, moitas veces, por influencia do castelán, empregamos un en lugar do outro. Exemplo: *Merqueite unha chaqueta. O correcto sería: Merqueiche unha chaqueta

Se tes dúbidas, neste artigo docuhe trucos para saber diferencialos.

Uso incorrecto dos tempos verbais

En galego, a diferenza do castelán ou do francés, non empregamos tempos compostos para expresar accións realizadas no pasado. Por exemplo, en vez de dicir “he comido” ou “he estudiado”, simplemente usamos o pretérito, “comín” ou “estudei”. Este sistema fai a lingua máis directa e concisa, sen necesidade de engadir o verbo auxiliar “haber”. Polo tanto, o sistema verbal galego é moito máis simple e doado de estudar.

Porén, para quen aprende galego, diferenciar os tempos en pasado pode ser un auténtico desafío. Un erro clásico é a confusión entre o antepretérito de indicativo e o pretérito de subxuntivo, que adoita xurdir porque ambas formas son similares pero teñen usos ben distintos.

Aquí podes aprender a usar eses tempos verbais correctamente.

Uso do infinitivo conxugado

Aínda que poida parecer complicado ao principio, o uso correcto do infinitivo conxugado é un dos trazos distintivos do galego e resulta fundamental para expresar as ideas con precisión. Este recurso permite indicar o suxeito da acción cando está implícito no verbo, sen necesidade de engadir pronomes ou cambiar a estrutura da frase. Por exemplo, en vez de dicir “para falar mellor”, en galego natural e correcto deberiamos dicir “para falarmos mellor”, indicando claramente que o suxeito somos nós.

O curioso é que esta característica, que en galego ás veces esquecemos ou descoidamos, é de uso totalmente habitual en portugués, onde o infinitivo conxugado emprégase de forma espontánea e sen excepción.

Neste artigo, podes aprender a usar o infinitivo conxugado.

Castelanismos

A presenza de castelanismos é unha das influencias máis visibles na nosa lingua. Para evitalos, é esencial estar atentos e buscar as formas correctas en galego. Facer un pequeno esforzo por manter a autenticidade da nosa lingua é unha forma de preservala e dignificala.

Neste artigo poderás ver 20 castelanismos frecuentes que debes eliminar da túa fala.

Confusión entre xénero masculino e feminino

Outro erro recorrente é a confusión de xénero en palabras como a calor ou *o calor e o leite ou *a leite. En galego, o xénero de certas palabras pode ser diferente do castelán, polo que é importante saber cando as palabras son másculinas ou femininas.

No seguinte artigo, ensínoche que palabras teñen distinto xénero en galego e castelán.

Acentuación

A modo de resumo, as regras de acentuación en galego son claras: as palabras agudas levan acento se rematan en -n, -s ou vogal, as graves só se non terminan neses casos e as esdrúxulas acentúanse sempre. Porén, hai algúns casos que poden presentar confusión.

Neste artigo, poderás afondar na acentuación en galego: 5 regras que che farán a vida máis doada.

Que podes ler aquí?
Para aprender máis
Aprende a usar o infinitivo conxugado en galego

4/09/2024

O infinitivo conxugado, tamén chamado infinitivo persoal ou infinitivo flexionado, é unha forma verbal e común entre os galegofalantes, mais pode presentar algunha dúbida sobre o seu ...
Aprende dunha vez a colocar o pronome átono

12/04/2023

Unha das cousas máis difíciles á hora de aprender galego é saber colocar os pronomes correctamente. Neste artigo ensínoche as regras fundamentais para saber se o pronome ...
Te e che. Trucos para saber diferencialos

22/03/2023

En galego temos dúas formas para o pronome átono da segunda persoa do singular: te e che. Saber cando se utiliza un ou outro é moi doado ...
Últimos artigos publicados
postais de nadal en galego

17/12/2025

Chega o Nadal e con el a tradición de enviarlles felicitacións aos nosos seres queridos. Este ano, desde As chaves da lingua ofrecémosche unha ferramenta completamente gratuíta ...
Libros do Apalpador

15/12/2025

O Apalpador é unha das figuras máis entrañables da tradición galega do Nadal. Este xigante bondadoso que baixa das montañas na Noiteboa para apalpar as barrigas dos ...
Filmes de Nadal en galego dispoñibles en Netflix

14/12/2025

O Nadal tamén se pode ver en galego. En Netflix hai algúns filmes de temática natalicia que permiten escoller o galego como idioma, unha opción pouco coñecida ...

3 comentarios en “7 erros básicos do galego que debes evitar”

  1. Moi bo artigo. É Unha forma de aprender pouco a pouco o galego a quen non somos galego falantes de toda a vida, moitas grazas

    Responder

Deixa un comentario

Agasallo de Nadal

Calendario 2026: 365 días para vivir en galego

Agasallo de Nadal

Calendario 2026: 365 días para vivir en galego