Carta ao Apalpador para descargar en PDF

O Apalpador é unha das figuras máis recoñecibles do Nadal galego. Trátase dun carboeiro bo e tranquilo que baixa das montañas do Courel na noite do 24 ou do 31 de decembro para apalpar as barrigas das crianzas, comprobar se medraron fortes e deixar un puñado de castañas e algún que outro agasallo. Esta personaxe recuperouse nas últimas décadas e hoxe forma parte esencial das tradicións galegas de inverno.

Modelos de carta ao Apalpador para imprimir

A seguir, tes diferentes cartas ao Apalpador listas para descargar. Escolle o deseño que máis che guste e imprime o PDF para escribir a túa mensaxe de Nadal ao noso carboeiro.

Que é o Apalpador?

O Apalpador, tamén chamado Pandigueiro nalgúns lugares, é un personaxe tradicional do Nadal galego, especialmente vinculado á serra do Courel. A tradición describeo como un carboeiro grande, de barba longa e roupa gastada polo traballo na montaña. Pasaba o ano elaborando carbón e baixaba unha vez ao ano, na noite do 24 ou do 31 de decembro, para visitar os máis pequenos da casa. A súa misión era comprobar se comeran ben e se medranban. Para iso, apalpáballes a barriga con coidado, deixáballes un puñado de castañas e, ás veces, algún que outro agasallo pequeno.

A súa figura representa valores moi ligados á cultura galega como o respecto pola natureza, a vida no monte, o traballo artesán e o afecto expresado a través de detalles pequenos. A diferenza doutras personaxes do Nadal, o Apalpador non trae regalos grandes nin luxosos, senón un recordo próximo, humilde e cheo de simbolismo. É unha tradición recuperada e fortalecida nas últimas décadas, que hoxe se converteu nun dos sinais de identidade do Nadal en Galicia.

Que podes ler aquí?
Para aprender máis
3
1/01/2025
15/12/2025
Aquí tes o modelo de carta aos Reis Magos en galego para descargar en PDF e así poder gozar dunha das noites máis máxicas do Nadal
20
17/12/2024
17/12/2025
O Nadal en Galicia é unha época máxica, onde o espírito das festas mestúrase coa riqueza das nosas tradicións e a calor das xuntanzas familiares. Neste artigo ...
8
16/12/2024
17/12/2025
O Nadal é unha época chea de tradicións, historias e celebracións especiais. En galego, temos un léxico propio que reflicte a nosa cultura e xeito de vivir ...
Últimos artigos publicados
O vocabulario do material escolar en galego
9/09/2026
9/09/2026
Hoxe comezan as aulas en Galicia e, con elas, volven as mochilas ás costas, os cadernos aínda sen estrear e as présas das mañás para non perder ...
apps para aprender galego
3/09/2026
3/09/2026
Non hai mellor forma de aprender unha lingua que usala tamén no lecer. O móbil, que levamos sempre enriba, pode converterse nun aliado para aprender galego mentres ...
Mosteiro de Samos
26/08/2026
26/08/2026
Ás veces a historia agóchase nos lugares máis inesperados. Esta fin de semana fun visitar o mosteiro de Samos e descubrín algo que non sabía. Alí viviu ...

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer