Apps para aprender galego

Non hai mellor forma de aprender unha lingua que usala tamén no lecer. O móbil, que levamos sempre enriba, pode converterse nun aliado para aprender galego mentres nos divertimos. Aquí tes tres apps para xogar e ampliar vocabulario na nosa lingua.

Palabras Galegas

Palabras Galegas é unha aplicación para aprender vocabulario galego a base de tarxetas (o clásico sistema de flashcards, tan eficaz para memorizar). Está pensada para practicar e ampliar o léxico dun xeito sinxelo e visual, ideal tanto para quen está aprendendo galego como para quen quere afianzar palabras que xa coñece.

É gratuíta, está clasificada para todos os públicos (a partir de 3 anos) e non recompila datos dos usuarios. Un proxecto feito por Sergio Couto Catoira.

Dispoñible en Google Play

Apalabrados

O popular xogo de formar palabras sobre un taboleiro (ao estilo Scrabble) ten versión en galego desde hai anos. A adaptación desenvolveuna a empresa Cilenis a partir do Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLGa), así que xogas cun corpus de palabras normativo.

Podes xogar contra un rival concreto (unha persoa coñecida ou un adversario ao chou) ou na modalidade multixogador en liña. Perfecto para picarse cos amigos e, de paso, descubrir palabras novas e afianzar a ortografía sen te dares conta.

Dispoñible para Android e iOS

Ximnasio Léxico

A app oficial da Real Academia Galega para xogar coas palabras. Baséase no propio Dicionario da RAG e propón retos lingüísticos para poñer a proba (e mellorar) o teu léxico.

Ten dúas modalidades: adestrar, para practicar sen presión, e competir, estruturada en tres niveis de dificultade (inicial, medio e superior), de xeito que sempre atopas un reto á túa medida, saibas moito ou pouco galego. Como vén da RAG, tes a garantía de que todo o vocabulario é normativo.

Dispoñible para Android e iOS

Se coñeces algunha outra aplicación para aprender galego, compártea nos comentarios!

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
O vocabulario do material escolar en galego
9/09/2026
9/09/2026
Hoxe comezan as aulas en Galicia e, con elas, volven as mochilas ás costas, os cadernos aínda sen estrear e as présas das mañás para non perder ...
Mosteiro de Samos
26/08/2026
26/08/2026
Ás veces a historia agóchase nos lugares máis inesperados. Esta fin de semana fun visitar o mosteiro de Samos e descubrín algo que non sabía. Alí viviu ...
vendima en galego
19/08/2026
19/08/2026
A piques de comezar setembro, achégase un dos momentos máis importantes do ano no campo galego: a vendima. Nas Rías Baixas, na Ribeira Sacra, en Valdeorras, no ...

5 comentarios en “Apps para aprender galego”

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer