Descubre os nomes galegos da fogueira de san Xoán

Na noite de san Xoán, o lume acende o misterio, a festa e a tradición. Ao redor do lume, xúntanse comunidades enteiras para celebrar o solsticio de verán e a forza da natureza. Pero como lle chamamos a ese lume en galego?

A nosa lingua garda unha riqueza léxica abraiante para falarmos da fogueira de san Xoán. Neste artigo, exploramos as diferentes formas de nomear a fogueira e a súa orixe.

Cacharela

A palabra cacharela vén do latín quassare, que significa ‘escachar’ ou ‘romper’, posiblemente en relación co crepitar da leña ao arder. É unha das formas máis populares e recoñecidas para referirse á fogueira de san Xoán.

No Orzán xa están preparando a cacharela para esta noite.

Cacheira

Cacheira é outra variante que tamén deriva do latín quassare e comparte campo semántico que “cacharela”.

Os nenos saltaban por riba da cacheira mentres cantaban cancións.

Cachela

A palabra cachela tamén vén do latín quassare. No galego actual, ademais de referirse a unha fogueira, tamén designa un anaco pequeno e irregular de madeira, especialmente os restos que quedan despois de picar leña.

Fixemos unha cachela para celebrarmos esta noite máxica.

Fogueira

Fogueira procede do latín focarĭa, derivado de focarĭu, que significa ‘do lume’ ou ‘relativo ao lume’. É unha das formas máis comúns e estandarizadas tanto no galego como noutras linguas románicas.

Larada

Larada deriva do latín lăre, ao igual que a palabra lareira. O termo conserva unha conexión co lume doméstico e o espazo do lar, aínda que tamén se aplica a fogueiras grandes ou intensas feitas ao aire libre. A palabra mestura a idea da calor acolledora co carácter festivo do lume comunitario.

A larada medraba sen control, iluminando toda a carballeira.

Lumarada

Lumarada procede do latín lumen, que significa ‘luz’, ao que se lle engadiu un sufixo. Refírese a un lume forte, que chama a atención pola súa magnitude. Pode describir tanto fogueiras festivas como incendios e transmite a forza visual do lume como espectáculo.

Aquela lumarada víase dende a outra beira do río.

Luminaria

Luminaria vén tamén do latín lumen. En galego, úsase para referirse ás fogueiras ou para nomear algo que ten unha gran cantidade de luz.

A luminaria da nosa aldea era a máis grande da parroquia.

Que podes ler aquí?
Para aprender máis
57
21/06/2023
11/06/2025
O 23 de xuño é unha noite máxica por moitos motivos e unha das tradicións máis estendidas, alén de saltar as cacharelas un número impar de veces, ...
Últimos artigos publicados
Que serie da Xeración Xabarín marcou a túa personalidade Fai o test e descúbreo
10/06/2026
10/06/2026
Todo comezou o 18 de abril de 1994. Un xabarín con camisola amarela animábanos a afiliarnos ao seu club. Durante anos, as tardes de miles de nenos ...
De andar ás minchas ao sobresaínte o vocabulario dos exames en galego
3/06/2026
4/06/2026
Estamos en época de exames e o vocabulario que usamos no día a día, ás veces, sae en castelán sen dármonos conta. Aquí tes un repaso ás ...
Aprende os nomes das especias e das herbas aromáticas en galego
27/05/2026
2/06/2026
Pimienta, cilantro, albahaca… Cantas veces usaches a palabra en castelán sen saber cal era a forma galega? O galego ten nomes propios para todas as especias e ...

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer