Series e debuxos animados en galego para nenos

Se queres que os teus fillos e fillas gocen de debuxos animados en galego, hoxe estás de sorte! A oferta en galego medrou nos últimos anos, grazas ao esforzo de plataformas e proxectos que apostan pola nosa lingua.

Aquí tes unha selección de plataformas e series infantís en galego, ideais para que a cativada se divirta mentres aprende. Ademais, deixámosche a ligazón de onde velas!

Xabarín

Se buscas a maior colección de series e debuxos animados en galego, xabarin.gal é a mellor opción dispoñible. Trátase dun proxecto que ofrece centos de episodios en galego, organizados por franxas de idade para que cada neno poida atopar contidos adaptados ao seu nivel.

Algunhas series do Xabarín Club:

  • Os Bolechas – Un clásico galego para os máis pequenos.
  • Shin Chan – Humor e tolemia con toques de retranca.
  • Doraemon – O gato cósmico favorito de moitos.
  • Dragon Ball en galego – Un referente para xeracións.

Bibopalula

Bibopalula é unha das propostas máis orixinais e didácticas en galego para os máis pequenos. Trátase dunha serie de animación pensada para estimular a imaxinación, a creatividade e o pensamento curioso dos nenos a través de aventuras cheas de cor e dinamismo.

Galego para peques

Galego para peques é un recurso marabilloso para introducir o galego desde as primeiras idades. A través de cancións pegadizas e vídeos educativos, os máis pequenos poden aprender as cores, os números, as formas, os días da semana etc.

Tamén ofrece contidos para aprender a ler e escribir as letras, así como contos animados e vídeos con vocabulario relacionado cos animais, os medios de transporte ou outros temas do seu día a día. Todo en galego e con moita tenrura.

Agalinhas

Agalinhas é o proxecto infantil da AGAL (Associaçom Galega da Língua), unha proposta educativa e cultural que ofrece contidos en galego para que as crianzas aprendan a través da música, historias, poemas e vídeos de diversas temáticas.

A través deste espazo, as nenas e nenos poden explorar a riqueza da nosa lingua e descubrir diferentes culturas e vivencias de todo o mundo, grazas á interconexión entre o galego e o portugués.

Se coñeces algunha outra serie ou plataforma, déixaa nos comentarios e incluímola no artigo!

Que podes ler aquí?
Para aprender máis
2

8/01/2025

O audiovisual en galego segue gañando terreo grazas a iniciativas e plataformas que apostan pola nosa lingua. Se che gusta gozar do cine e das series sen ...
51

5/04/2023

Nos anos 20 do século pasado, produciuse a primeira adaptación cinematográfica dun texto pertencente á literatura galega. Un poema de Manuel Curros Enríquez, A Virxe de Cristal, ...
As mellores páxinas web para descargar de balde libros en galego

22/02/2023

Ensinámosche as mellores páxinas web para descargar nos formatos máis populares e que así poidas mergulláreste na literatura galega, e tamén na portuguesa, desde onde ti queiras.
Últimos artigos publicados
fakenews

15/09/2025

Nos últimos anos a expresión inglesa fake news espallouse por todas partes: nos medios de comunicación, nas redes sociais e mesmo nas conversas cotiás. Mais precisamos realmente ...
Sopas de letras en galego

10/09/2025

Aprender galego pode ser moito máis doado cando o facemos xogando. A plataforma Cursos.gal ofrece unha serie de xogos en galego pensados para reforzar vocabulario e mellorar ...
que peli galega es segundo o zodíaco

3/09/2025

Se cadra, nunca pensaches que o teu signo do zodíaco podería dicir algo do teu gusto polo cinema galego, mais hoxe imos xogar con esa idea. A ...

3 comentarios en “Series e debuxos animados en galego para nenos”

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer