O galego, como calquera lingua, ten as súas particularidades e é fácil trabucarse, sobre todo, cando estás a aprender unha nova lingua. Velaquí tes 7 erros básicos do galego que debes evitar para falar e escribir correctamente e algúns consellos para corrixilos.
Colocación dos pronomes
Un dos erros máis habituais entre as persoas que están a aprender galego é a colocación dos pronomes átonos. Frases como *Me dixo no canto de Díxome exemplifican como a orde das palabras pode distorsionar a gramática. En galego, os pronomes átonos van despois do verbo nas frases afirmativas, mais aparecen antes en oracións negativas, con algúns advervios ou conxuncións etc.
No seguinte artigo, explícoche a correcta colocación dos pronomes átonos.
Diferenza entre te e che
Outro erro básico do galego é a confusión entre os pronomes te e che. En galego, te úsase como obxecto directo, mentres que che indica un obxecto indirecto. Porén, moitas veces, por influencia do castelán, empregamos un en lugar do outro. Exemplo: *Merqueite unha chaqueta. O correcto sería: Merqueiche unha chaqueta.
Se tes dúbidas, neste artigo docuhe trucos para saber diferencialos.
Uso incorrecto dos tempos verbais
En galego, a diferenza do castelán ou do francés, non empregamos tempos compostos para expresar accións realizadas no pasado. Por exemplo, en vez de dicir “he comido” ou “he estudiado”, simplemente usamos o pretérito, “comín” ou “estudei”. Este sistema fai a lingua máis directa e concisa, sen necesidade de engadir o verbo auxiliar “haber”. Polo tanto, o sistema verbal galego é moito máis simple e doado de estudar.
Porén, para quen aprende galego, diferenciar os tempos en pasado pode ser un auténtico desafío. Un erro clásico é a confusión entre o antepretérito de indicativo e o pretérito de subxuntivo, que adoita xurdir porque ambas formas son similares pero teñen usos ben distintos.
Aquí podes aprender a usar eses tempos verbais correctamente.
Uso do infinitivo conxugado
Aínda que poida parecer complicado ao principio, o uso correcto do infinitivo conxugado é un dos trazos distintivos do galego e resulta fundamental para expresar as ideas con precisión. Este recurso permite indicar o suxeito da acción cando está implícito no verbo, sen necesidade de engadir pronomes ou cambiar a estrutura da frase. Por exemplo, en vez de dicir “para falar mellor”, en galego natural e correcto deberiamos dicir “para falarmos mellor”, indicando claramente que o suxeito somos nós.
O curioso é que esta característica, que en galego ás veces esquecemos ou descoidamos, é de uso totalmente habitual en portugués, onde o infinitivo conxugado emprégase de forma espontánea e sen excepción.
Neste artigo, podes aprender a usar o infinitivo conxugado.
Castelanismos
A presenza de castelanismos é unha das influencias máis visibles na nosa lingua. Para evitalos, é esencial estar atentos e buscar as formas correctas en galego. Facer un pequeno esforzo por manter a autenticidade da nosa lingua é unha forma de preservala e dignificala.
Neste artigo poderás ver 20 castelanismos frecuentes que debes eliminar da túa fala.
Confusión entre xénero masculino e feminino
Outro erro recorrente é a confusión de xénero en palabras como a calor ou *o calor e o leite ou *a leite. En galego, o xénero de certas palabras pode ser diferente do castelán, polo que é importante saber cando as palabras son másculinas ou femininas.
No seguinte artigo, ensínoche que palabras teñen distinto xénero en galego e castelán.
Acentuación
A modo de resumo, as regras de acentuación en galego son claras: as palabras agudas levan acento se rematan en -n, -s ou vogal, as graves só se non terminan neses casos e as esdrúxulas acentúanse sempre. Porén, hai algúns casos que poden presentar confusión.
Neste artigo, poderás afondar na acentuación en galego: 5 regras que che farán a vida máis doada.









3 comentarios en “7 erros básicos do galego que debes evitar”
Gustoume moito o artigo. Sobre todo as explicacións adicionais.
Parabéns!
Moi bo artigo. É Unha forma de aprender pouco a pouco o galego a quen non somos galego falantes de toda a vida, moitas grazas
Na acentuación esqueceches as palabras graves rematadas en ditongo decrecente
posíbeis