Por que rato non é unha medida de tempo?

Por que rato non é unha medida de tempo?

Dicir cousas como *veño nun rato, *estiven un rato xogando con Xiana ou *nun ratiño fago os deberes non ten ningún sentido en galego porque é un castelanismo. Na nosa lingua rato é un pequeno roedor ou o aparello que usamos para mover o cursor no noso computador.

Cando queremos falar dun breve período de tempo, en galego temos múltiples opcións: anaco, cacho ou pedazo.

Dáme un anaco e xa te atendo.

Pasei un bo cacho falando por teléfono con Manolo.

Estiven agardando un bo pedazo a que me atendese o médico.

Tamén podemos dicir bocado, instante, intre, lapso, miga, momento, pausa, pouco ou segundo dependendo do contexto.

Que podes ler aquí?
Para aprender máis
11
15/01/2025
18/02/2026
No galego hai expresións tan únicas que, se as analizamos ao detalle, descubrimos moito máis do que parece. Un exemplo curioso é o feito de que, en ...
40
10/01/2024
30/11/2025
Vives nun pobo? Xa che digo eu que iso é imposible porque en galego esa frase non significa o que cres. *Vou ao pobo,*o pobo da miña ...
44
1/03/2023
8/09/2025
Os falsos amigos son palabras ou expresións moi similares en dúas linguas cuxo significado é diferente malia seren aparentemente idénticas. Aprende algunhas das máis interesantes!
Últimos artigos publicados
A Santa Compaña
28/10/2026
28/10/2026
Coa chegada do Samaín e do Día dos Defuntos, as historias das ánimas e dos seres sobrenaturais volven cobrar protagonismo. E poucas lendas galegas provocan tanto respecto ...
Verbos non reflexivos en galego
20/10/2026
21/10/2026
En galego hai moitos verbos que, por influencia do castelán, se empregan incorrectamente coa forma pronominal, é dicir, engadímoslles un pronome reflexivo (me, te, se…) que non ...
Dous dicionarios castelán-galego para non ter dúbidas nunca máis
16/09/2026
20/09/2026
Cantas veces buscaches como se di unha palabra en galego e non deches cunha ferramenta fiable? Pois traio boas novas! Agora temos tres dicionarios castelán-galego en liña, ...

2 comentarios en “Por que rato non é unha medida de tempo?”

  1. Iste e un erro que acometo de cando é vez. A partires de agora intentarei non facelo. Moitas grazas pola labor que estás a facer é que tanto nos axuda a todos os que te seguimosOl

    Responder

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

actualizado outubro 2026

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

actualizado outubro 2026