Palabras que non son o que parecen

Neste artigo imos falar dos falsos amigos que temos entre o galego e o español e tamén entre o galego e o inglés.

Que son os falsos amigos?

Os falsos amigos son palabras ou expresións moi similares en dúas linguas cuxo significado é diferente malia seren aparentemente idénticas. Isto prodúcese a miúdo cando aprendemos un segundo idioma e unha palabra moi semellante a unha da nosa lingua materna fainos crer erroneamente que posúen o mesmo significado.

Algúns exemplos curiosos entre o galego e o español

Xudía

Se tomamos o español como referencia, a palabra xudía pode levarnos a confusión porque nada ten que ver cos chichos ou coas fabas, máis ben fai referencia a unha persoa que profesa o xudaísmo.

Rubio

Unha persoa ou un animal rubio é aquel que ten o pelo, o cabelo ou as plumas tirando a vermello ou amarelento. Por exemplo, Pipi Calzaslongas era rubia e tamén a poderiamos denominar roiba ou roxa, mais nunca loura. Ese adxectivo serve para designar o cabelo de cor castaña moi clara ou tirando á do ouro.

Alagar

Se quixermos loar a alguén, afagámolo. O que non é posible é alagalo, porque ese verbo significa inundar ou asolagar.

Toro

Os toros na nosa lingua teñen varios significados, mais ningún ten que ver cos touros. Un toro pode ser unha porción circular de carne, peixe ou froita. Por exemplo, a pescada normalmente adoitamos cortala en toros. Tamén usamos ese termo para referírmonos á parte dunha árbore ou dun arbusto grande, que está entre a raíz e as pólas, é dicir, o troco. 

Esperto

Alguén que non está durmido está esperto. Un experto da lingua sábeo!

Ollo con estes falsos amigos do inglés! 

Non vaiades pensar que só temos falsos amigos co castelán. Co inglés ocorre exactamente o mesmo. Velaquí algúns exemplos de falsos amigos entre o inglés e o galego.

Apologise 

Cando lemos o verbo apologise o primeiro que pensamos é que ten que ver con apoloxía. Porén, a súa tradución ao galego sería desculparse.

Attend 

Algunha vez traduciches attend por atender? Pois é un erro, en galego ese verbo é equivalente a asistir.

Conference 

Outra palabra que seguro que nos deu máis dunha dor de cabeza é conference. É moi semellante a conferencia, mais en galego tradúcese por xuntanza.

Consider 

Se a consider lle engadimos a terminación dos infinitivos da 1º conxugación, dános considerar, mais pensar isto é un erro. Consider é o equivalente a ter en conta.

Current 

Por último, temos o adxectivo current, que nada ten que ver con que algo sexa corrente, senón que significa que algo é moderno.

Coñeces algún outro falso amigo? Cóntanos!

Que podes ler aquí?
Para aprender máis
17
4/11/2024
8/09/2025
Aínda que o galego e o portugués comparten unha historia común, hai certas palabras que teñen un significado completamente distinto. O que en galego pode ser unha ...
Últimos artigos publicados
De andar ás minchas ao sobresaínte o vocabulario dos exames en galego
3/06/2026
4/06/2026
Estamos en época de exames e o vocabulario que usamos no día a día, ás veces, sae en castelán sen dármonos conta. Aquí tes un repaso ás ...
Aprende os nomes das especias e das herbas aromáticas en galego
27/05/2026
2/06/2026
Pimienta, cilantro, albahaca… Cantas veces usaches a palabra en castelán sen saber cal era a forma galega? O galego ten nomes propios para todas as especias e ...
Como se chaman os dedos da man en galego
20/05/2026
20/05/2026
Estira a man e mira os cinco dedos. Cada un ten o seu nome formal, mais tamén o seu alcume popular, ese que usan as avoas para ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

4 comentarios en “Palabras que non son o que parecen”

  1. O castelán ‘aportar’ para referirnos a achegar ou fornecer.
    O castelán ‘patrón’ (estendidísimo) cando queremos facer referencia a un padrón ou modelo.

    • Moitas grazas polas túas achegas, Gustavo! Apuntámolas para outro artigo. 🙂

Os comentarios están pechados.

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer