Por que os galegos non podemos mandar a “ubicación” de Google Maps?

Estás nun bar novo, queres compartir o sitio cunha amiga e escribes no WhatsApp: Mándoche a ubicación. A que algunha vez dixeches algo parecido? O problema é que nin *ubicación nin *ubicar existen en galego. Son castelanismos tan estendidos que os usamos sen pensar, pero o galego ten as súas propias palabras para dicir exactamente o mesmo e neste artigo vas descubrilas.

Como se di ubicación en galego?

Por moito que a vexamos escrita en aplicacións, ubicación é unha palabra castelá. As formas correctas en galego para substituíla son:

localización → Comparte a túa localización comigo.
posición → Cal é a túa posición exacta?
situación → A situación do local non aparece ben no mapa.

Entón, como se di ubicar en galego?

O mesmo acontece co verbo ubicar. Trátase dunha forma castelanizada que non pertencen ao sistema léxico do galego. Cando nos referimos a poñer ou instalar algo ou a alguén nun lugar determinado, temos os verbos situar, acomodar, colocar, dispoñer, instalar, localizar e poñer.

Exemplos:

Situaron o novo centro de saúde nas aforas da cidade.
Colócate na entrada e agardo por ti.

Pon a proba a túa localización: xogos de xeografía galega

Se che gusta situar lugares no mapa e coñeces ben o territorio galego, temos dous xogos en galego que non podes perder.

GaliciaGuessr é un quiz de xeografía no cal tes que localizar lugares de Galicia no mapa. A través de mapas e pistas, tes que demostrar o ben que coñeces o noso territorio.

Logaliza é o xogo para descubrir as comarcas galegas a través de imaxes.

E se queres descubrir máis xogos dispoñibles en galego, bótalle unha ollada a este artigo con todos os que fomos recollendo: Xogos en galego.

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
Mosteiro de Samos
26/08/2026
26/08/2026
Ás veces a historia agóchase nos lugares máis inesperados. Esta fin de semana fun visitar o mosteiro de Samos e descubrín algo que non sabía. Alí viviu ...
vendima en galego
19/08/2026
19/08/2026
A piques de comezar setembro, achégase un dos momentos máis importantes do ano no campo galego: a vendima. Nas Rías Baixas, na Ribeira Sacra, en Valdeorras, no ...
o vocabulario da eclipse
5/08/2026
5/08/2026
O 12 de agosto de 2026 os ollos de toda Galicia estarán postos no ceo debido á eclipse total de Sol, un fenómeno que non se vía ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer