Como se di “superviviente” en galego?

Hai palabras que escoitamos tan a miúdo en castelán que ás veces esquecemos como se din correctamente en galego. Un bo exemplo é “superviviente”, unha forma que aparece en noticias, conversas e redes sociais… mais que non é galega.

Neste artigo explicámosche que dous termos hai en galego para evitarmos este castelanismo que se infiltrou no noso día a día.

Como se di “superviviente” en galego?

Se imos ao miolo da cuestión, cómpre lembrarmos que en galego temos o verbo sobrevivir e do verbo sobrevivir fórmase o adxectivo ou substantivo “sobrevivente”, seguindo as regras propias da nosa lingua.

Foi o único sobrevivente do accidente e tardou meses en recuperarse.
Os bombeiros rescataron varios sobreviventes entre os restos do edificio.

A forma supervivente tamén é correcta e está recollida no Dicionario da Real Academia Galega, mais ten unha formación máis culta e vén directamente do latín supervīvens, -entis. Ambas as formas son normativas.

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
Verbos non reflexivos en galego
20/10/2026
21/10/2026
En galego hai moitos verbos que, por influencia do castelán, se empregan incorrectamente coa forma pronominal, é dicir, engadímoslles un pronome reflexivo (me, te, se…) que non ...
Dous dicionarios castelán-galego para non ter dúbidas nunca máis
16/09/2026
20/09/2026
Cantas veces buscaches como se di unha palabra en galego e non deches cunha ferramenta fiable? Pois traio boas novas! Agora temos tres dicionarios castelán-galego en liña, ...
O vocabulario do material escolar en galego
9/09/2026
9/09/2026
Hoxe comezan as aulas en Galicia e, con elas, volven as mochilas ás costas, os cadernos aínda sen estrear e as présas das mañás para non perder ...

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer