As chaves da lingua gaña un dos Premios Mil Primaveras

Temos unha nova que nos fai especial ilusión compartir. As chaves da lingua é un dos catro proxectos galardoados nos VII Premios Mil Primaveras, convocados pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL).

Que son os Premios Mil Primaveras?

Estes premios creáronse para valorar e visibilizar accións, campañas e proxectos que traballan polo uso e o prestixio do galego. Esta sétima edición recoñeceu catro proxectos con vixencia entre 2022 e 2025.

Por que recoñeceron As chaves da lingua?

O xurado valorou a orixinalidade do proxecto, a súa calidade comunicativa e o bo uso das redes sociais. Tamén destacou a variedade de público ao que se dirixe, tanto galegofalantes que queren mellorar o seu galego como persoas que se queren achegar á lingua por primeira vez.

Alén diso, subliñou o enfoque práctico e próximo, que facilita a aprendizaxe e a interacción, así como a capacidade de tratar temas novidosos e potencialmente virais que manteñen a comunidade sempre pendente dunha nova ensinanza ou curiosidade.

Os outros proxectos premiados

Tamén recibiron o galardón outros tres proxectos: Comando Le, un grupo de activismo cultural da Asociación Espazo Lectura dirixido a adolescentes; O Dépor é da Coruña, unha iniciativa do IES Rafael Dieste da Coruña que traballa a conciencia lingüística a través do fútbol; e Revolta Galega, un programa integral de dinamización lingüística do CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños.

Grazas a todas as persoas que len, comparten e participan n’As Chaves da Lingua. Este recoñecemento é tamén voso.

E aproveito a ocasión para facer unha mención especial a Anxo Sánchez, que deseñou a web e dá forma a todas as aplicacións e ferramentas que hai no blog. Sen el, moitas ideas quedarían só en ideas.

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
Mosteiro de Samos
26/08/2026
26/08/2026
Ás veces a historia agóchase nos lugares máis inesperados. Esta fin de semana fun visitar o mosteiro de Samos e descubrín algo que non sabía. Alí viviu ...
vendima en galego
19/08/2026
19/08/2026
A piques de comezar setembro, achégase un dos momentos máis importantes do ano no campo galego: a vendima. Nas Rías Baixas, na Ribeira Sacra, en Valdeorras, no ...
o vocabulario da eclipse
5/08/2026
5/08/2026
O 12 de agosto de 2026 os ollos de toda Galicia estarán postos no ceo debido á eclipse total de Sol, un fenómeno que non se vía ...

22 comentarios en “As chaves da lingua gaña un dos Premios Mil Primaveras”

  1. Moitos PARABÉNS ben merecidos, l,concordo que este blog é un tesouro.
    “Mil primaveras máis para este blog”

    Responder

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer