Por que acivro se escribe con “v”?

Na escola todos e todas aprendemos que antes de “r” sempre se pon “b”, como, por exemplo, brazo, cobra, bricolaxe… Porén, en galego temos tres palabras que en lugar de levar o típico “b”, escríbense con “v”. Estas palabras son acivro, ávrego e avreguía.

Acivro

O acivro, tamén chamado acevo ou xardón, é unha árbore silvestre da familia das aquifoláceas que ten as follas brillantes con espiñas nos bordos e o seu froito con forma de baga de cor vermella.

Ávrego

Ávrego ten múltiples significados. Por unha banda, é o nome que recibe o vento do sur ou do suroeste e tamén se denominan así os lóstregos de verán. Por outra banda, tamén se utiliza para designar un cheiro moi desagradable, especialmente o do bravío.

Avreguía

Avreguía utilízase para nomear o estado da atmosfera caracterizado pola presenza do ávrego.

Por que se escriben con “v”?

A palabra acivro procede da forma do latín vulgar *acifŏlum, que remite á do clásico aquifŏlium ‘follas espiñentas’ e, por cuestións etimolóxicas, hoxe en día escribímola con “v”.

Que podes ler aquí?
Para aprender máis
37
29/03/2024
28/02/2025
Seguramente, algunha vez tiveches as seguintes dúbidas: por que escribirase xunto ou separado? Levará acento? Pois neste artigo aprenderás a diferencialos. porque en galego O primeiro que ...
39
24/01/2024
16/10/2025
O alfabeto galego, igual que outras linguas románicas, baséase no alfabeto latino. Neste artigo imos descubrir cantas letras ten o abecedario galego e cal é o nome ...
46
8/02/2023
12/09/2025
Depende da lingua que fales, empregamos distintas fórmulas para expresar a risa. No artigo de hoxe imos descubrir como nos temos que rir en galego. Sabes como ...
Últimos artigos publicados
O vocabulario do material escolar en galego
9/09/2026
9/09/2026
Hoxe comezan as aulas en Galicia e, con elas, volven as mochilas ás costas, os cadernos aínda sen estrear e as présas das mañás para non perder ...
apps para aprender galego
3/09/2026
3/09/2026
Non hai mellor forma de aprender unha lingua que usala tamén no lecer. O móbil, que levamos sempre enriba, pode converterse nun aliado para aprender galego mentres ...
Mosteiro de Samos
26/08/2026
26/08/2026
Ás veces a historia agóchase nos lugares máis inesperados. Esta fin de semana fun visitar o mosteiro de Samos e descubrín algo que non sabía. Alí viviu ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer