Como se di “pelirrojo” en galego?

En galego, as cores do cabelo non sempre coinciden co castelán. Palabras como rubio poden significar cousas distintas e iso fai que moita xente cometa erros ao falar.

Aquí imos ver como se di pelirrojo en galego, que diferenza hai con louro e como usar correctamente estes termos no día a día.

Como se di “pelirrojo” en galego?

En galego, unha persoa con cabelo tirando a vermello pódese describir como:

rubio / rubia
roibo / roiba
roxo / roxa

Si, rubio tamén é correcto en galego, pero non significa o mesmo que en castelán.

Exemplos:

É roibo e ten moitas pencas.
Ten o pelo roxo, case cobre.
Era un neno rubio, pero agora tinguiu o pelo.

Como se di “rubio” en galego?

Se en castelán falas de alguén co cabelo claro ou dourado, en galego a forma correcta é:

louro / loura

Exemplo:

Tareixa ten o cabelo louro.

Agora dime ti, na túa zona, como se lle chama á xente con pelo tirando a vermello ou amarelento?

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
Dous dicionarios castelán-galego para non ter dúbidas nunca máis
16/09/2026
20/09/2026
Cantas veces buscaches como se di unha palabra en galego e non deches cunha ferramenta fiable? Pois traio boas novas! Agora temos tres dicionarios castelán-galego en liña, ...
O vocabulario do material escolar en galego
9/09/2026
9/09/2026
Hoxe comezan as aulas en Galicia e, con elas, volven as mochilas ás costas, os cadernos aínda sen estrear e as présas das mañás para non perder ...
apps para aprender galego
3/09/2026
3/09/2026
Non hai mellor forma de aprender unha lingua que usala tamén no lecer. O móbil, que levamos sempre enriba, pode converterse nun aliado para aprender galego mentres ...

2 comentarios en “Como se di “pelirrojo” en galego?”

  1. Na miña zona case igual, agás que roxo/roxa corresponde ao cabelo dourado, como louro/loiro/a… e non ao cabelo vermello. O resto igual que no artigo. Grazas!

    Responder

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer