Dis “orquesta”? Pois estás a dicilo mal

Chega o verán e con el as festas, as verbenas e as noites de troula. Mais hai algunhas palabras moi típicas destas datas que non se adoitan dicir ben, así que imos corrixilas.

Orquesta en galego está mal dito

A forma correcta en galego é orquestra, con -r-. A palabra orquesta, sen ese r, é un castelanismo que debemos evitar.

O mesmo pasa co adxectivo derivado. En galego dise orquestral e o verbo é orquestrar. Sempre con ese r que en castelán non aparece.

Polo tanto, cando vaias ás festas da túa vila ou aldea este verán, xa sabes: vas escoitar unha orquestra!

A forma turreiro non é normativa

O terreiro é o espazo amplo de terra situado no centro de certas aldeas, o lugar onde tradicionalmente se facían os bailes e as festas.

A RAG só admite a forma terreiro. A variante turreiro, moi estendida na fala popular dalgunhas zonas, non se recolle como forma normativa.

Queres saber máis?

Se queres ampliar o teu vocabulario festivo e chegar ás romarías deste verán falando un galego impecable, non te perdas o noso artigo con todo o vocabulario para ir de festa.

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
Verbos non reflexivos en galego
20/10/2026
21/10/2026
En galego hai moitos verbos que, por influencia do castelán, se empregan incorrectamente coa forma pronominal, é dicir, engadímoslles un pronome reflexivo (me, te, se…) que non ...
Dous dicionarios castelán-galego para non ter dúbidas nunca máis
16/09/2026
20/09/2026
Cantas veces buscaches como se di unha palabra en galego e non deches cunha ferramenta fiable? Pois traio boas novas! Agora temos tres dicionarios castelán-galego en liña, ...
O vocabulario do material escolar en galego
9/09/2026
9/09/2026
Hoxe comezan as aulas en Galicia e, con elas, volven as mochilas ás costas, os cadernos aínda sen estrear e as présas das mañás para non perder ...

5 comentarios en “Dis “orquesta”? Pois estás a dicilo mal”

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer