O nome das cores en galego

As cores están por todas partes: na fala cotiá, na roupa, nas paisaxes, na publicidade, na literatura. Saber nomealas ben en galego é unha peza básica para te expresares con precisión.

Aquí tes unha guía clara e completa para coñecer como se chaman as cores en galego, desde as máis básicas ata os tons e matices máis específicos.

O nome das cores en galego

Ámbar

Cor amarela intensa.

Adxectivo: ámbar

Amarelo

Cor entre o verde e o laranxa, como o ouro ou o limón.

Adxectivo: amarelo/amarela, marelo/marela

Anil

Cor do espectro entre o azul e o violeta.

Adxectivo: anil, índigo

Azul

Cor do ceo despexado.

Adxectivo: azul

Beixe

Cor marrón moi clara, como a da la natural.

Adxectivo: beixe

Branco

Cor da neve ou do leite.

Adxectivo: branco/a, albo/a, albelo/a, albuxíneo/a

Caqui

Cor entre o ocre amarelado e o verde agrisado.

Adxectivo: caqui

Carmesí

Cor vermella escura, intensa.

Adxectivo: carmesí

Castaño

Cor parda escura, como a castaña.

Adxectivos: acastañado/a, castaño/a, marrón

Canela

Cor semellante á da canela, entre amarela e castaña.

Adxectivo: canela

Celeste

Azul claro, como o ceo sen nubes.

Adxectivos: celeste, cerúleo

Ciano

Azul con ton verdoso, complementario do vermello

Adxectivo: ciano

Cobre

Cor do cobre.

Adxectivo: cobreado/a

Crema

Cor branca amarelada como a da crema do leite.

Adxectivo: crema

Dourado

Cor do ouro.

Adxectivos: dourado/a, áureo

Encarnado

Cor vermella, como a do sangue ou a papoula.

Adxectivos: encarnado/a, vermello/a, rubio/a

Esmeralda

Cor da pedra que recibe o nome de esmeralda.

Adxectivo: esmeralda

Gris

Cor entre o branco e o negro.

Adxectivos: gris, cinsento/a, aborrallado/a, borrallento/a, cincento/a

Laranxa

Cor entre o amarelo e o vermello.

Adxectivo: laranxa

Lila

Cor entre o azul e o rosa.

Adxectivo: lila

Malva

Cor violeta claro tirando a rosa.

Adxectivo: malva

Maxenta

Cor que se corresponde co vermello púrpura.

Adxectivo: maxenta

Marrón

Cor entre o vermello/amarelo e o negro.

Adxectivos: marrón, castaño/a

Negro

Cor completamente escura.

Adxectivo: negro/a, acibeche

Prateado

Cor da prata.

Adxectivos: prateado/a, arxénteo/a, arxentino/a

Rosa

Cor vermella moi clara.

Adxectivo: rosa

Verde

Cor da herba.

Adxectivo: verde

Vermello

Cor do sangue.

Adxectivo: vermello/a

Violeta

Cor entre o azul e o rosa escuro.

Adxectivos: violeta

Turquesa

Cor da pedra que recibe o nome de turquesa.

Adxectivo: turquesa

Turquí

Cor azul moi escura.

Adxectivo: turquí

Outros adxectivos relacionados coas cores

  • Abelanado/a: describe unha cor semellante á da abelá, un ton castaño claro e cálido.
  • Anacarado/a: describe unha cor ou brillo semellante ao da nácara, con reflexos suaves e irisados.
  • Citrino/a: describe unha cor amarela verdosa, un ton intermedio entre o amarelo e o verde.
  • Glauco/a: describe unha cor verde clara e suave. Tamén pode referirse a unha cor verde azulada. Neste sentido, é sinónimo de gacio.
  • Melado/a: describe unha cor semellante á do mel, un ton dourado e cálido.
  • Níveo/a: describe unha cor branca pura, semellante á da neve.
  • Rosado/a: describe unha cor semellante á da rosa, un ton suave que tira a rosa. É sinónimo de rosáceo e róseo/a.
  • Verdegaio/a: describe unha cor verde clara e viva.

Ollo!

En galego, cor é sempre unha palabra feminina, polo que se di a cor e non *o cor. Así, dicimos a cor branca, a cor negra ou a cor vermella. Incluso cando falamos dun nome masculino, o adxectivo segue concordando con cor: o coche é de cor branca ou o pantalón é de cor negra.

E ti, engadirías algunha outra cor á listaxe? Déixaa nos comentarios!

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
Os insectos voadores do verán en Galicia
1/07/2026
1/07/2026
Co verán chegan as noites longas, a calor e tamén os insectos. Algúns son benvidos, outros non tanto, mais todos forman parte da paisaxe galega nesta época ...
Incendios.gal a web cidadá para documentar os lumes en Galicia
17/06/2026
17/06/2026
Cada verán, e xa sen esperar o estío, Galicia arde. Ás veces, a información é dispersa e, a miúdo, quen está a ver o lume directamente non ...
Que serie da Xeración Xabarín marcou a túa personalidade Fai o test e descúbreo
10/06/2026
10/06/2026
Todo comezou o 18 de abril de 1994. Un xabarín con camisola amarela animábanos a afiliarnos ao seu club. Durante anos, as tardes de miles de nenos ...

7 comentarios en “O nome das cores en galego”

  1. Azul ultramar : azul que reflicte o mar cando o ceo está sen ningunha nube.Verde vexiga: un verde moi azulado. Amarelo limón : un amarelo claro.Ocre: un marrón amarelado etc ….(Son cores para pintar cadros ) .O azul ultramar é moi usado. Pero as principais xa están no artigo, moi ben definidas.Moitas grazas.

    Responder
  2. Moi ben feito e interesante! En portugués tamén temos palabras como: Esverdeado, amarelado, azulado, verdejante, grisalho, acinzentando .

    Responder
    • Boa pregunta, porque aquí hai matiz. “Vermello” é o nome da cor, é dicir, o termo básico para referirse a esa tonalidade. Tanto “vermello” como “colorado” son adxectivos e pódense usar para cualificar algo de cor avermellada.

      Responder
      • Ai pois por Trabada decimos que algo é colorado para referirnos a que é dese color (por exemplo, unha prenda colorada, pintar de colorado, etc.) e non usamos as palabras nin vermello, nin avermellado. O que sí que teño oido a meus avós é o de encarnado, pero penso que sempre o oín no sentido de “avermellado”. E o paxariño “paporrubio” chamámoslle “papo colorado”

        Responder

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer