O Nadal en galego. Vocabulario esencial para estas datas

O Nadal é unha época chea de tradicións, historias e celebracións especiais. En galego, temos un léxico propio que reflicte a nosa cultura e xeito de vivir estas festas. Aquí tes unha guía completa coas palabras máis importantes relacionadas co Nadal para que poidas usalas e gozar das festas na nosa lingua.

Personaxes do Nadal galego

  • O Apalpador: personaxe tradicional do Nadal galego, un carboeiro que baixa das montañas para desexar abundancia aos nenos.
  • Os Reis Magos: os tres sabios de Oriente que traen agasallos o 6 de xaneiro.
  • Papá Noel: figura internacional do Nadal, menos tradicional mais tamén coñecida en Galicia.

Celebracións e días especiais

  • Advento: período de preparación para o Nadal, que comeza catro domingos antes do 25 de decembro.
  • Noiteboa: a noite do 24 de decembro, cando se celebra unha cea familiar.
  • Día de Nadal: o 25 de decembro, día central da festividade.
  • Aninovo: o 1 de xaneiro, primeiro día do ano.
  • Noitevella: a última noite do ano, o 31 de decembro, marcada polas badaladas.
  • Badaladas: as 12 campás que marcan a entrada no novo ano.
  • Cabalgata de Reis: desfile tradicional que se celebra na tardiña do 5 de xaneiro, onde os Reis Magos percorren as rúas a bordo de carrozas, acompañados por séquitos e animacións. Durante a cabalgata, reparténselles caramelos ás crianzas e recréase a chegada dos Reis Magos co seu cargamento de agasallos.
  • Noite de Reis: a noite do 5 de xaneiro, previa á chegada dos Reis Magos.
  • Día de Reis: o 6 de xaneiro, dedicado a celebrar a chegada dos Reis.
  • Pascua: tempo que vai desde o día de Nadal ata o día de Reis inclusive.

Elementos decorativos e tradicións

  • Acivro: árbore ou arbusto típico do Nadal, coñecido polas súas follas verdes espiñentas e as súas froitas vermellas brillantes.
  • Agasallar: dar presentes como mostra de cariño.
  • Agasallo ou presente: o propio regalo que se entrega.
  • Aguinaldo: recompensa ou agasallo recibido no Nadal, especialmente os cantos de Nadal.
  • Árbore de Nadal: árbore decorada con luces e enfeites.
  • Belén ou nacemento: representación do nacemento de Xesús con figuras.
  • Bóla: adorno redondeado, xeralmente brillante ou decorado, que se pendura nas pólas da árbore de Nadal.
  • Boneco de neve: figura composta por dúas ou tres bolas de neve de diferentes tamaños, decoradas cunha cenoria como nariz, pedras ou carbón para os ollos e un chapeu ou bufanda.
  • Camelo: animal que transporta os Reis Magos na súa viaxe para levar os agasallos aos nenos.
  • Décimo de lotaría: participación no sorteo de Nadal, unha tradición moi popular.
  • Desenfeitar, desadornar ou desornar: retirar os adornos do Nadal.
  • Encintar: colocar fitas decorativas nos agasallos ou na árbore.
  • Enfeitar, adornar, adobiar ou engalanar: decorar espazos e obxectos.
  • Estrela de Oriente: símbolo celestial que, segundo a tradición cristiá, guiou os Reis Magos ata o lugar do nacemento de Xesús. Representa a luz e a esperanza e adóitase representar no cumio da árbore de Nadal ou como parte do belén.
  • Fita de Nadal: decoración de Nadal consistente nun fío recuberto de láminas brillantes de plástico de cores.
  • Grilanda: tira de tecido con flores e follas, en forma de onda ou de coroa, que se usa de adorno.
  • Nadaliña: felicitación ou mensaxe de afecto, con texto, imaxes e mesmo música, que nas proximidades do Nadal se envía a familiares, amigos ou coñecidos.
  • Visgo: planta típica usada na decoración do Nadal, considerada símbolo de boa sorte.
  • Zorra: transporte que utiliza Papá Noel.

Música e cantos do Nadal

  • Panxoliña, nadaliña ou vilancico: canción tradicional do Nadal.
  • Cantos de Reis: cancións interpretadas durante a noite ou o día de Reis.
  • Xaneiras: cantos tradicionais interpretados no tempo de Nadal, especialmente para pedir aguinaldos.
  • Aguinaldeiro/a: cada un dos mozos que por Aninovo ou Reis van en grupo cantando panxoliñas de casa en casa para que lles dean o aguinaldo.

Comida e doces típicos

  • Champaña (substantivo masculino): bebida espumosa tradicionalmente usada para brindar durante Noitevella e outras celebracións do Nadal.
  • Carbón doce: doce elaborado a base de azucre, cor negra e textura quebradiza, que se entrega simbolicamente aos nenos e nenas que supostamente se portaron mal ao longo do ano.
  • Mazapán: outro doce popular, feito de améndoas e azucre.
  • Polvorón: doce de fariña, manteiga e azucre, típico destas datas.
  • Roscón de Reis: Doce tradicional que se consome o 6 de xaneiro. Ten forma de rosca e adoita estar elaborado con masa doce, aromatizada con laranxa ou auga de azar e decorada con froitas cristalizadas e azucre. No seu interior adoitan esconderse unha figura (representa a boa sorte) e unha fava (quen a atopa paga o roscón). É unha sobremesa simbólica que celebra a chegada dos Reis Magos.
  • Turrón: doce elaborado con mel, améndoas e outros ingredientes.
  • Viño quente: bebida típica de inverno, especialmente asociada ao Nadal, que se prepara quentando viño tinto.

Que podes ler aquí?
Para aprender máis

23/12/2024

O Apalpador é unha das figuras máis recoñecibles do Nadal galego. Trátase dun carboeiro bo e tranquilo que baixa das montañas do Courel na noite do 24 ...
7

18/12/2024

O Nadal é unha época perfecta para gozar da lectura. Os días fríos, as noites longas e o ambiente acolledor convídannos a abrir un libro e deixarnos ...
20

17/12/2024

O Nadal en Galicia é unha época máxica, onde o espírito das festas mestúrase coa riqueza das nosas tradicións e a calor das xuntanzas familiares. Neste artigo ...
Últimos artigos publicados
refráns de decembro

3/12/2025

Decembro sempre foi un mes clave no calendario tradicional galego. Marca o peche do ciclo agrícola, anuncia o inverno máis duro e concentra unha das épocas festivas ...
Descubre as 8 cancións en galego que soaron en Operación Triunfo

26/11/2025

En máis de dúas décadas de historia, Operación Triunfo marcou varias xeracións. Desde a súa primeira edición, pasaron polo concurso centos de artistas e interpretáronse cancións de ...
novas palabras rag

19/11/2025

Cada ano, o Dicionario da Real Academia Galega incorpora termos que existen no uso real da lingua e que precisan ser recoñecidos oficialmente. A lingua evoluciona e ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer