Sabes como se di ‘fake news’ en galego?

Nos últimos anos a expresión inglesa fake news espallouse por todas partes: nos medios de comunicación, nas redes sociais e mesmo nas conversas cotiás. Mais precisamos realmente usar o anglicismo? En galego temos termos propios que transmiten esa mesma idea sen necesidade de recorrer ao inglés.

Neste artigo, imos ver cales son as alternativas máis acaídas para traducir fake news ao galego, con exemplos e matices para que saibas cando empregar cada unha delas.

Como se di fake news en galego?

A resposta é ben sinxela. En galego podemos dicir loiada para referírmonos a unha nova inventada que se difunde para facer pasar por certo o que en realidade é falso, case sempre con algún interese detrás.

Exemplo: Espallouse unha loiada sobre a suposta subida do prezo do pan, pero axiña se desmentiu.

A palabra loiada tamén se emprega cando alguén conta algo sabendo que non é certo, pero querendo facelo pasar por verdade. Entre os sinónimos máis frecuentes atopamos embuste, loia, mentira ou trola.

Mais a nosa lingua é tan rica que dispón dunha morea de termos para falar de falsidades: alburgada, algaruxada, embuste, bóla, bouba, caroca, conto, farol, focha, gallifa, garola, loia, patraña, trola…

E, como non, tamén temos un bo feixe de palabras para describir a quen mente: mentireiro, mentirán, vorián, faroleiro, embusteiro, garoleiro, mendaz, alburgueiro, alburgón, baltroeiro, garolán, troleiro, aldrabeiro, fochón, loieiro, patrañeiro, trolán…

E ti, como lle dis a alguén que non conta a verdade? Déixanolo nos comentarios!

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
Dous dicionarios castelán-galego para non ter dúbidas nunca máis
16/09/2026
20/09/2026
Cantas veces buscaches como se di unha palabra en galego e non deches cunha ferramenta fiable? Pois traio boas novas! Agora temos tres dicionarios castelán-galego en liña, ...
O vocabulario do material escolar en galego
9/09/2026
9/09/2026
Hoxe comezan as aulas en Galicia e, con elas, volven as mochilas ás costas, os cadernos aínda sen estrear e as présas das mañás para non perder ...
apps para aprender galego
3/09/2026
3/09/2026
Non hai mellor forma de aprender unha lingua que usala tamén no lecer. O móbil, que levamos sempre enriba, pode converterse nun aliado para aprender galego mentres ...

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer