Como rimos en galego?

A risa é universal, pero a forma de escribila non. Dependendo da lingua, representamos o mesmo son con letras, números ou mesmo siglas ben distintas.

En inglés, por exemplo, atopamos o famosísimo LOL (Laughing out loud, Laugh out loud ou Lots of laughs), que en galego equivalería a un “rir ás gargalladas”.

E en galego, como rimos?

Que son as interxeccións?

As interxeccións son palabras ou sons invariables, sen unha estrutura fixa, que empregamos con ton exclamativo para expresar emocións, afectos ou provocar unha reacción. Son recursos moi frecuentes na linguaxe oral e coloquial.

Cal é a interxección que imita o son da risa?

En galego, para expresarmos o son da risa empregamos a interxección ha. Así que, se estás a escribir un chío, unha mensaxe de WhatsApp ou un comentario en redes, o correcto é:

Ha, ha, ha!

Como se rin no resto de países?

En portugués

Tanto en Portugal como no Brasil, adoitan escribir  “kkkkk”, mais tamén é posíbel acharmos “rsrsrs”.

En tailandés

“55555” é a representación gráfica máis curiosa e débese a que o número 5 en tailandés pronúnciase “haa”. 

En francés

A forma máis común é “MDR” que significa Mort de Rire (‘morto de risa’). 

En chinés mandarín

Na China continental utilizan os números 23333 para escribir a risa. No alfabeto mandarín, a transcrición de “hāhā” sería 哈哈. 

En árabe

En árabe a risa escríbese هههههههههه e pronúnciase como o noso ha, ha, ha.

En xaponés

No Xapón usan www, pola palabra warau (笑う, ‘rir’) ou warai (笑い, ‘risa’). Ademais, na cultura nipoa, o “W” aseméllase á emoticona dunha cara ladeada.

En coreano

O habitual en coreano é a forma “k-k-k-k-k” cando utilizan o alfabeto latino. Cando escriben en coreano é ㅋㅋㅋ (“kkk”) ou ㅎㅎㅎ (“hhh”).

E ti? Coñeces outras formas de rir noutras linguas? Cóntanolo nos comentarios!

Que podes ler aquí?
Para aprender máis
9
2/12/2024
28/02/2025
A lingua galega ten unha riqueza léxica extraordinaria para describir os sons dos animais. Estas palabras non só capturan a esencia de cada especie, senón que tamén ...
39
24/01/2024
16/10/2025
O alfabeto galego, igual que outras linguas románicas, baséase no alfabeto latino. Neste artigo imos descubrir cantas letras ten o abecedario galego e cal é o nome ...
43
25/01/2023
28/02/2025
O apóstrofo é un signo gráfico en forma de coma (’) que se emprega nalgunhas linguas para marcar a elisión dunha ou máis vogais nunha palabra. Aprende ...
Últimos artigos publicados
Celga 2026
13/03/2026
13/03/2026
A Xunta de Galicia acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das probas Celga para o ano 2026. Estas probas permiten obter o certificado ...
M8porler unha plataforma para lectoras e lectores en galego
11/03/2026
11/03/2026
Se che gusta ler en galego, hai unha ferramenta que paga a pena coñecer: M8porler. Trátase dunha plataforma dixital pensada para crear comunidade arredor do libro galego ...
Libros en galego para celebrar o 8M
4/03/2026
8/03/2026
O Día Internacional da Muller, que celebramos cada 8 de marzo, é unha oportunidade para reflexionarmos sobre os retos que as mulleres afrontaron ao longo da historia ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

2 comentarios en “Como rimos en galego?”

  1. Isto non serían onomatopeas?
    RAG:
    Palabra que se forma imitando sons reais.
    A palabra ‘quiquiriquí’ é unha onomatopea.

    • Ola, Xurxo.

      É unha pregunta moi interesante a que formulas. As onomatopeas e as interxeccións coinciden en que son palabras que imitan sons. Porén, as interxeccións, como é o caso de “ah”, “ai” ou “boh”, por exemplo, son un enunciado completo en si mesmo e sempre teñen unha entoación exclamativa.

Os comentarios están pechados.

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer