O apóstrofo en galego. Cando e como se usa?

O apóstrofo é un signo gráfico pouco frecuente en galego, mais ten usos específicos que cómpre coñecer. Cando se emprega? É correcto usalo en calquera palabra? Descubrímolo neste artigo!

Que é o apóstrofo?

O apóstrofo (’) é un signo en forma de coma alta que se usa en varias linguas para marcar a supresión dunha vogal ou doutros fonemas. En galego, o seu uso é moi limitado, pero en certos casos é necesario utilizalo correctamente.

Cando se usa o apóstrofo en galego?

Hai catro situacións concretas nas que o apóstrofo é imprescindible. Vexámolas unha por unha.

Preposicións e títulos

O apóstrofo utilízase para contraer as preposicións de e en cando anteceden o título dun libro, película, xornal, revista

A autora d’ Unha estrela no vento é Ledicia Costas.

Que che pareceu a actuación de Luis Zahera n’ As bestas?

Eliminar fonemas

O apóstrofo utilízase para eliminar fonemas ou sílabas na representación gráfica da lingua oral.

‘ta ben a cousa! (por estar)

D’ aquí en diante (por de)

Esixencias métricas

O apóstrofo utilízase para elidir fonemas nas composicións poéticas por esixencias da métrica.

E ‘parta d’ai, vella,

déixame pasar!

Oraio da vella

non quixo apartar.

(Cancioneiro da Ribeira de Piquín)

Estranxeirismos

O apóstrofo utilízase para reproducir apelidos estranxeiros.

Catherine O’Hara gañou un Oscar como mellor actriz.

Que podes ler aquí?
Para aprender máis
Por que o acento diacrítico en galego é máis importante do que pensas
24/02/2025
20/03/2025
Poñer ou non poñer acento? Esa é a cuestión. En galego, hai palabras que cambian completamente de significado cun simple acento. Neste artigo, imos explorar as palabras ...
24
23/10/2024
28/02/2025
A diérese é un pequeno símbolo ortográfico que, malia o seu tamaño, cumpre unha función moi importante. Este sinal, representado por dous puntos situados sobre unha vogal ...
59
26/10/2023
28/02/2025
Pos unha coma diante de etc.? Pois que saibas que en galego iso é incorrecto. Queres coñecer como se di?
Últimos artigos publicados
Celga 2026
13/03/2026
13/03/2026
A Xunta de Galicia acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das probas Celga para o ano 2026. Estas probas permiten obter o certificado ...
M8porler unha plataforma para lectoras e lectores en galego
11/03/2026
11/03/2026
Se che gusta ler en galego, hai unha ferramenta que paga a pena coñecer: M8porler. Trátase dunha plataforma dixital pensada para crear comunidade arredor do libro galego ...
Libros en galego para celebrar o 8M
4/03/2026
8/03/2026
O Día Internacional da Muller, que celebramos cada 8 de marzo, é unha oportunidade para reflexionarmos sobre os retos que as mulleres afrontaron ao longo da historia ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer