Sabes escribir correctamente etc.?

Pos unha coma diante de etc.?

Pois que saibas que en galego iso é incorrecto.

Etcétera é unha locución preposicional latina que significa “e o demais“. Xeralmente escríbese coa abreviatura etc. e non debemos pórlle unha coma diante por tratarse do elemento que pecha unha enumeración

Exemplo:

No Aquarium Finisterrae da Coruña hai quenllas, corvinas, douradas, robalizas etc.

Tamén é redundante e, polo tanto, incorrecto, dicir varias veces seguidas etcétera ou etc., como acontece en *”Descubriron varias curas para o cancro, a sida etc. etc”.

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
O vocabulario do material escolar en galego
9/09/2026
9/09/2026
Hoxe comezan as aulas en Galicia e, con elas, volven as mochilas ás costas, os cadernos aínda sen estrear e as présas das mañás para non perder ...
apps para aprender galego
3/09/2026
3/09/2026
Non hai mellor forma de aprender unha lingua que usala tamén no lecer. O móbil, que levamos sempre enriba, pode converterse nun aliado para aprender galego mentres ...
Mosteiro de Samos
26/08/2026
26/08/2026
Ás veces a historia agóchase nos lugares máis inesperados. Esta fin de semana fun visitar o mosteiro de Samos e descubrín algo que non sabía. Alí viviu ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer