Cando se usa a diérese en galego

A diérese é un pequeno símbolo ortográfico que, malia o seu tamaño, cumpre unha función moi importante. Este sinal, representado por dous puntos situados sobre unha vogal (¨), úsase para indicar que debe pronunciarse por separado esa vogal nun contexto onde, normalmente, formaría parte dun ditongo ou tritongo. A súa presenza axuda a evitar confusións e facilita unha correcta pronuncia, mantendo a claridade e a coherencia na fala.

Neste artigo, exploraremos o uso da diérese no galego, cando e como se debe empregar, e veremos exemplos para comprender mellor a súa función na nosa ortografía.

Coa letra “u”

Úsase a diérese para indicar que se pronuncia esta vogal nas sílabas güe, güi, fronte a gue, gui.

Exemplos: ambigüídade, antigüidade, bilingüe, lingüeta, lingüístico, pingüín, piragüismo, ungüento...

Coa letra “i”

Úsase a diérese na primeira e segunda persoas de plural dos copretéritos de indicativo dos verbos rematados en -aer, -oer, -aír, -oír e –uír: caïamos, caïades… Deste xeito, distinguimos estas formas das do presente de subxuntivo, en que o «i» forma ditongo: caiamos, caiades.

Copretérito de indicativo

caía
caías
caía
caïamos
caïades
caían

Presente de subxuntivo

caia
caias
caia
caiamos
caiades
caian

Que podes ler aquí?
Para aprender máis
39
24/01/2024
16/10/2025
O alfabeto galego, igual que outras linguas románicas, baséase no alfabeto latino. Neste artigo imos descubrir cantas letras ten o abecedario galego e cal é o nome ...
59
26/10/2023
28/02/2025
Pos unha coma diante de etc.? Pois que saibas que en galego iso é incorrecto. Queres coñecer como se di?
43
25/01/2023
28/02/2025
O apóstrofo é un signo gráfico en forma de coma (’) que se emprega nalgunhas linguas para marcar a elisión dunha ou máis vogais nunha palabra. Aprende ...
Últimos artigos publicados
Celga 2026
13/03/2026
13/03/2026
A Xunta de Galicia acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das probas Celga para o ano 2026. Estas probas permiten obter o certificado ...
M8porler unha plataforma para lectoras e lectores en galego
11/03/2026
11/03/2026
Se che gusta ler en galego, hai unha ferramenta que paga a pena coñecer: M8porler. Trátase dunha plataforma dixital pensada para crear comunidade arredor do libro galego ...
Libros en galego para celebrar o 8M
4/03/2026
8/03/2026
O Día Internacional da Muller, que celebramos cada 8 de marzo, é unha oportunidade para reflexionarmos sobre os retos que as mulleres afrontaron ao longo da historia ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer