Recursos

Nesta sección atoparás recursos para aprender e para vivir en galego: ferramentas, xogos, libros e ligazóns que che axudarán a gozar da lingua no día a día.

Un espazo vivo que iremos ampliando con novas propostas para que o galego estea tamén presente en todos os ámbitos.

Recursos en liña

Xogos para practicar léxico

Inclúe sopas de letras, enforcados e encrucillados sobre vocabulario e cultura galega. 

Cursos.gal

Unha plataforma de aprendizaxe que ofrece cursos e materiais en liña para aprender a lingua dun xeito ameno e accesible.

Descargar libros en galego

Descubre unha selección de webs onde podes descargar gratuitamente libros en galego (e tamén en portugués).

Dicionario galego para boomers

Un dicionario que explica os neoloxismos e expresións da xeración Z en galego, para que ninguén quede perdido cando escoite termos como crush, shippear ou random.

Xogos en liña, para o móbil e de mesa en galego

Desde xogos en liña e apps ata xogos de mesa. Unha guía perfecta para aprender e divertirse coa lingua.

Plataformas para ver películas e series en galego

Explora unha guía de plataformas que ofrecen contido audiovisual en galego — filmes, documentais ou series — para ver, gozar e apoiar a nosa lingua.

Bibliografía

Para a elaboración das entradas do blog tívose en conta a seguinte bibliografía:

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer