Adiviñas tradicionais galegas sobre animais

As adiviñas forman parte da nosa tradición oral e durante xeracións empregáronse como xogo, exercicio de enxeño e ferramenta para aprender vocabulario. Moitas delas describen animais a través de metáforas, comparacións ou pistas sobre o seu aspecto e comportamento.

Un dos libros que recolle este patrimonio é ¿Que cousa é cousa…? Libro de adiviñas, de Paco Martín, que recompila numerosas adiviñas populares transmitidas oralmente en Galicia.

A continuación tes algunhas adiviñas tradicionais sobre animais.

Adiviñas de animais en galego

Adiviña 1

Alto, alteiro,
grande cabaleiro;
gorro de la,
capa dourada
espora de aceiro.

Adiviña 2

Que cousa, cousiña é
que anda e anda
e non se aparta da casa.

Adiviña 3

Que é unha cousa
que anda e anda
e, ao fin, dá co dono?

Adiviña 4

Canta que canta
o negro cantor;
e o seu canto é causa
de entrar na prisión.

Adiviña 5

Catro pernas,
catro fontes,
un dálle-dálle
e dous reviramontes.

Adiviña 6

Catro na cama,
catro na lama,
dous parafusos
e un que lle abana.

Adiviña 7

Dúas fontes,
catro corremontes,
dous mirapratrás;
por debaixo ten un capelo
e por tras un cotomelo,
por debaixo é pelada
e por derriba ten pelo.

Adiviña 8

Cen damas mouras
van polo camiño,
nin erguen po
nin fan bulicio
ata deixar a carga de trigo.

Adiviña 9

Co rabo entre as pernas
a mala veciña
vén todas as noites
roubar a galiña.

Adiviña 10

Come, come, comellón,
que para o San Martiño… plon!

Adiviña 11

Unha cousa que come millo e, por onde vai, deixa rastriño.

Adiviña 12

Que cousa para adiviñar é
que antes de selo, xa o é?

Solucións

  1. O galo
  2. O caracol
  3. O can
  4. O grilo
  5. A vaca
  6. A vaca
  7. A cabra
  8. As formigas
  9. A raposa
  10. O porco
  11. O porco teixo
  12. A pescada

Coñeces máis adiviñas sobre animais? Escríbeas nos comentarios!

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
Begoña Caamaño libros para coñecer a autora das Letras Galegas 2026
11/05/2026
11/05/2026
Begoña Caamaño é a escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026. Xornalista, activista e autora de obras como Circe ou o pracer do azul e Morgana ...
Como se di poñer en negrita unha palabra Formas de descaque en galego
6/05/2026
7/05/2026
Cando redactas un documento en Word, un correo ou unha publicación e queres destacar unha palabra, probablemente pensas en poñela *en negrita, mais esa expresión non é ...
Tabú en galego
29/04/2026
29/04/2026
Hai xogos que non precisan presentación. Reúneste cunhas amigas, fas equipos e xa sabes que vai pasar: risas, berros, alguén que solta a palabra prohibida na primeira ...

2 comentarios en “Adiviñas tradicionais galegas sobre animais”

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer