5 películas de Nadal en galego dispoñibles en Netflix

O Nadal tamén se pode ver en galego. En Netflix hai algúns filmes de temática natalicia que permiten escoller o galego como idioma, unha opción pouco coñecida pero moi valiosa para quen quere consumir lecer na nosa lingua.

Nesta lista recóllense películas de Nadal dispoñibles en Netflix con opción de galego.

Películas de Nadal dobradas ao galego

Scrooge: A Christmas Carol

Adaptación animada do clásico de Charles Dickens. A historia do avaro Scrooge e a súa transformación tras a visita dos espíritos do Nadal mantén toda a mensaxe sobre a solidariedade e o cambio persoal. É unha das poucas películas de Nadal en Netflix con audio en galego, polo que resulta ideal para ver en familia ou con público infantil.

That Christmas

Filme animado que presenta varias historias entrelazadas arredor do Nadal. Ten un ton emocional e accesible, con personaxes diversos e situacións recoñecibles. Xunto con Scrooge, é unha das opcións de cine natalicio dobrado ao galego en Netflix.

Películas de Nadal con subtítulos en galego

Christmas with You

Trátase dunha comedia romántica de Nadal. A trama xira arredor de encontros e reencuentros durante a tempada festiva. Dispoñible con subtítulos en galego.

Falling for Christmas

Comedia romántica protagonizada por Lindsay Lohan. Tras un accidente, a protagonista perde a memoria antes do Nadal e ten que reconstruír a súa vida. Subtítulos en galego dispoñibles.

Best. Christmas. Ever!

Comedia coral centrada nunha reunión familiar con comparacións e enredos. Subtítulos en galego dispoñibles.

Un Conto de Nadal, filme completo en galego en YouTube

Ademais das opcións dispoñibles en Netflix, existe tamén a posibilidade de ver Un conto de Nadal, a adaptación clásica da obra de Charles Dickens, integramente en galego en YouTube.

Trátase dunha dobraxe completa, accesible de balde. É unha opción especialmente interesante para quen busca cine de Nadal 100 % en galego sen depender de plataformas de pago.

Se coñeces máis películas natalicias en galego, déixaas nos comentarios e así poderemos ampliar a lista entre todos e todas!

Que podes ler aquí?
Para aprender máis
7
18/12/2024
19/12/2025
O Nadal é unha época perfecta para gozar da lectura. Os días fríos, as noites longas e o ambiente acolledor convídannos a abrir un libro e a ...
20
17/12/2024
17/12/2025
O Nadal en Galicia é unha época máxica, onde o espírito das festas mestúrase coa riqueza das nosas tradicións e a calor das xuntanzas familiares. Neste artigo ...
8
16/12/2024
17/12/2025
O Nadal é unha época chea de tradicións, historias e celebracións especiais. En galego, temos un léxico propio que reflicte a nosa cultura e xeito de vivir ...
Últimos artigos publicados
Tabú en galego
29/04/2026
29/04/2026
Hai xogos que non precisan presentación. Reúneste cunhas amigas, fas equipos e xa sabes que vai pasar: risas, berros, alguén que solta a palabra prohibida na primeira ...
A tradición dos Maios por que poñemos xestas nas portas e nos coches a noite do 30 de abril ao 1 de maio
27/04/2026
27/04/2026
Se nunca te preguntaches por que hai coches con ramas de flores amarelas no parabrisas cada 1 de maio, este artigo é para ti. Detrás dese xesto ...
As chaves da lingua gaña un dos Premios Mil Primaveras
20/04/2026
26/04/2026
Temos unha nova que nos fai especial ilusión compartir. As chaves da lingua é un dos catro proxectos galardoados nos VII Premios Mil Primaveras, convocados pola Coordinadora ...

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer