As mellores páxinas web para descargar de balde libros en galego (e en portugués)

As mellores páxinas web para descargar de balde libros en galego (e en portugués)

Hoxe ensinámosche as mellores páxinas web para descargar nos formatos máis populares (TXT, PDF, DOX, ePub, MOBI etc.)  e que así poidas mergullarte na literatura galega e tamén na portuguesa desde o teu móbil, computador ou desde onde ti queiras.

Descargar gratis libros en galego

Galicia Le

Galicia Le trátase dunha plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. Soamente precisas ser socio/a para acceder ao seu amplo catálogo.

Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego

A Bivir recolle obras en formato PDF da literatura universal libres de dereitos traducidas ao galego pola Asociación de Tradutores Galegos.

epubgalego

epubgalego é unha iniciativa que trata de recoller nun único sitio web os libros electrónicos en formato ePUB escritos en galego.

Biblioteca Virtual da Real Academia Galega

A Biblioteca Virtual da Real Academia Galega contén unha pequena compilación de obras clásicas galegas de autores como Rosalía de Castro, Luís Amado Carballo e Manuel Curros Enríquez, entre outros.

Galiciana

Galiciana integra, ademais de fondos propios da Biblioteca de Galicia, obras dixitalizadas en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, o Museo do Pobo Galego, a Fundación Penzol de Vigo, a Real Academia Galega, o Seminario de Mondoñedo ou a Biblioteca de Estudos Locais da Coruña.

poesiagalega.org

poesiagalega.org é unha  base de datos e un repositorio dixital sobre a poesía galega dos séculos XIX, XX e XXI. Pódese acceder en formato PDF a algunhas obras completas e a diversas publicacións.

Universo cantigas

Universo cantigas trátase dunha edición crítica da poesía medieval galego-portuguesa que ten como obxectivo realizar a edición crítica dixital dos textos da lírica profana, continuando o traballo iniciado co Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa. 

AELG

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega ofrece as súas publicacións e algúns libros en PDF.

Galegobook

O Galegobook é un proxecto sen ánimo de lucro que pretende ser un espazo onde publicar, compartir e conversar sobre un grande número de libros electrónicos que circulan pola rede sobre o galego (lingua, gramática, fonética, sociolingüística, manuais, terminoloxía…).

Bubok

Bubok trátase dunha páxina de autopublicación onde se poden encontrar ebooks en galego gratis.

Son de poetas

Son de Poetas é un blog que recoller unha antoloxía de poesía galega musicada, desde a época medieval até a actualidade.

Descargar gratis libros en portugués

  1. Dominio Público (Brasil): 
  2. Biblioteca Digital Camões (Portugal)
  3. Biblioteca Nacional Digital (Brasil)
  4. Biblioteca Digital da Biblioteca Nacional de Portugal 
  5. Free-eBooks.net Português
Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
Como se chaman os dedos da man en galego
20/05/2026
20/05/2026
Estira a man e mira os cinco dedos. Cada un ten o seu nome formal, mais tamén o seu alcume popular, ese que usan as avoas para ...
Rosco pasapalabra Begoña Caamaño Letras Galegas
13/05/2026
13/05/2026
O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas e este ano a figura homenaxeada é Begoña Caamaño, xornalista, escritora e activista que deixou unha pegada ...
Begoña Caamaño libros para coñecer a autora das Letras Galegas 2026
11/05/2026
11/05/2026
Begoña Caamaño é a escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026. Xornalista, activista e autora de obras como Circe ou o pracer do azul e Morgana ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

5 comentarios en “As mellores páxinas web para descargar de balde libros en galego (e en portugués)”

    • E máis cousas como o certame ARi[t]mar! Estaremos atentas ás cancións gañadoras.

Os comentarios están pechados.

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer