O colar de zonchos en Galicia: tradición de Samaín e Defuntos

Hai tradicións que, malia seren sinxelas, gardan toda a esencia dun pobo. Unha delas é o colar de zonchos, un dos costumes máis curiosos de Galicia arredor do Samaín e do Día de Defuntos.

Neste artigo imos descubrir que é o colar de zonchos, a súa orixe e o seu significado dentro das celebracións do outono galego.

Que é o colar de zonchos

O colar de zonchos é unha cadea feita con castañas cocidas, ensartadas nun fío, que se leva pendurada do pescozo durante o Día de Defuntos. O termo zoncho úsase en moitas zonas de Galicia para designar a castaña cocida. Rosalía de Castro xa o empregou nun dos seus poemas máis coñecidos, dentro de Cantares Gallegos, como mostra do galego popular e das tradicións rurais:

Has de cantar,
que che hei de dar zonchos;
has de cantar,
que che hei de dar moitos.

A orixe da tradición do colar de zonchos

Colar de zonchos

Unha tradición moi arraigada no rural galego durante o outono, especialmente no Día de Defuntos, é a de facer colares de zonchos. Os nenos e adultos colleitan castañas e cocíanas para despois pasar un fío a través delas e crear colares que logo se utilizan como símbolo de boa sorte e protección. A castaña ten unha simboloxía profunda, xa que nalgúns lugares críase que cada castaña que se comía liberaba unha alma do purgatorio.

Nalgúns lugares, as crianzas ían polas casas co colar ao pescozo pedindo castañas ou doces, un costume que lembra ao actual Samaín e que mostra a continuidade das tradicións galegas.

Como facer un colar de zonchos

Facer un colar de zonchos é sinxelo. Só precisas castañas, un fío forte e unha agulla. Primeiro, cócense as castañas enteiras durante uns minutos, déixanse arrefriar e ensártalas no fío ata formar unha cadea.

No seguinte vídeo de Media Laranxa, poderás aprender a facer o colar de zonchos paso a paso.

Significado e simbolismo

O colar de zonchos é moito máis que un adorno. É unha símbolo de conexión entre o mundo dos vivos e o dos defuntos, pero tamén un xesto de comunidade e de agradecemento polos froitos do outono. A través desta pequena peza, o pobo galego soubo unir natureza, espiritualidade e afecto nunha tradición que se mantén viva.

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
A tradición dos Maios por que poñemos xestas nas portas e nos coches a noite do 30 de abril ao 1 de maio
27/04/2026
27/04/2026
Se nunca te preguntaches por que hai coches con ramas de flores amarelas no parabrisas cada 1 de maio, este artigo é para ti. Detrás dese xesto ...
As chaves da lingua gaña un dos Premios Mil Primaveras
20/04/2026
26/04/2026
Temos unha nova que nos fai especial ilusión compartir. As chaves da lingua é un dos catro proxectos galardoados nos VII Premios Mil Primaveras, convocados pola Coordinadora ...
Pronome de solidariedade e pronome de interese en galego
15/04/2026
16/04/2026
Cantas veces escoitaches frases como Éche boa cousa! ou A nena non me come nada ben? Eses pequenos pronomes —che e me— que aparecen sen ter función ...

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer