Recursos
Nesta sección atoparás recursos para aprender e para vivir en galego: ferramentas, xogos, libros e ligazóns que che axudarán a gozar da lingua no día a día.
Un espazo vivo que iremos ampliando con novas propostas para que o galego estea tamén presente en todos os ámbitos.
Recursos en liña
Xogos para practicar léxico
Inclúe sopas de letras, enforcados e encrucillados sobre vocabulario e cultura galega.
Cursos.gal
Unha plataforma de aprendizaxe que ofrece cursos e materiais en liña para aprender a lingua dun xeito ameno e accesible.
Descargar libros en galego
Descubre unha selección de webs onde podes descargar gratuitamente libros en galego (e tamén en portugués).
Dicionario galego para boomers
Un dicionario que explica os neoloxismos e expresións da xeración Z en galego, para que ninguén quede perdido cando escoite termos como crush, shippear ou random.
Xogos en liña, para o móbil e de mesa en galego
Desde xogos en liña e apps ata xogos de mesa. Unha guía perfecta para aprender e divertirse coa lingua.
Plataformas para ver películas e series en galego
Explora unha guía de plataformas que ofrecen contido audiovisual en galego — filmes, documentais ou series — para ver, gozar e apoiar a nosa lingua.
Bibliografía
Para a elaboración das entradas do blog tívose en conta a seguinte bibliografía:
- Callón, C. (2012). Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez. Vigo: Xerais.
- Freixeiro Mato, X. R. (2006a) [2000]. Gramática da lingua galega. II. Morfosintaxe. Vigo: A Nosa Terra.
- Freixeiro Mato, X. R. (2006b) [1999]. Gramática da lingua galega. III. Semántica. Vigo: A Nosa Terra.
- Freixeiro Mato, X. R. (2006c) [2003]. Gramática da lingua galega. IV. Gramática do texto. Vigo: A Nosa Terra.
- López Viñas, X., Lourenço Módia, C. & Moreda Leirado, M. (2011). Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e expresión. A Coruña: Baía Edicións.
- Real Academia Galega e Instituto da Lingua Galega (2003). Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Santiago de Compostela / a Coruña: ILG/RAG. Dispoñible aquí.
